Ir al contenido principal

Risco e O porco de pé

Relendo algúns dos fitos da literatura galega do século XX, sen a obriga de cando neno na escola ou no instituto, reencóntrome co O porco de pé (1928), de Vicente Martínez Risco, que <<foi quizabes […] quen cos seus coñecementos e sabedoría influíu máis no seu tempo para unha posta ó día da literatura galega.>> (1). E sen apenas lembrar o seu contido, abro o libro e dígome imos botar unha risada con este escritor ourensá que non fai grupo, aínda facendoo, xa que, aparte de ser moi seu, é un dos intelectuais fundamentais do Grupo Nós, responsable dun segundo Rexurdimento da cultura e literatura galega. Dicía Blanco Amor, que foi alumno de Risco e tamén o autor dunha das cumes narrativas da literatura galega (A esmorga), que <<La generación Nós revela a los tres grandes creadores de la lengua gallega moderna: Castelao, Vicente Risco y Otero Pedrayo. La gran ciudad es para esta generación una visión, en totalidad, de la cultura, eso que los alemanes llaman “cosmovisión”. Sin dejar de ser esencialmente gallegos, en vida y obra, en nación y vocación, se deslocalizan y parten, o parten, de lo local a lo general: no hay otro modo de hacer universalismo.>> (2) Certo, xunto aos Castelao, López Cuevillas ou Otero Pedrayo (e aos Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal na edición), Risco e a súa obra son imaxes no que se atopa e mira o galeguismo do século XX. Pero nesta sátira súa, máis que rir, pois para el trátase de algo moi serio, penso que ridiculiza pola necesidade de enfatizar a extrema realidade materialista que imponse e domina o seu tempo, presente e futuro, xa o noso pasado, mais tamén a día de hoxe atópase aí. Aínda que pasasen case cen anos dende a publicación da novela, cabe matinar cos tempos non cambiaron tanto como canta Bob Dylan na década de 1960 e os de don Celedonio e os nosos sexan máis similares do que adoitamos maxinar, pois estes son fillos ou netos dequel e comparten a súa “xenética” e o seu amor polos billetes. Ambos son de encher o bandullo á conta de calquera outra cousa, mesmo dos principios, da intelixencia, da solidariedade, do esforzo, do bo facer, do amor polas cousas cotiás e pola sinceridade de canto se fai…


<<A historia contemporánea non fai máis que andar dando voltas arredor do paquete intestinal e do seu veciño de abaixo. A providencia de Paulo Osorio, os factores ideolóxicos de Kant e de Hegel, os factores xeográficos de Ratzel, os valores de Windelband, xa non interveñen na evolución da humanidade. Agora moven o mundo o factor gástrico e o factor xenésico. Ollade os grandes símbolos de Spengler: o Camiño, o Corpo isolado, a Cova, o Espacio infinito, das grandes culturas exipcia, antiga, arábiga e occidental… Agora o símbolo e o supertango… Na súa interpretación abdominal da historia, Carlos Marx trabúcase para outros tempos, mais atinou para os de agora, por nacer no tempo da Banca e da Bolsa… Dito está que hai tres mundos: o Mundo Espiritual, o Mundo Anímico e o Mundo Material. A estes tres mundos corresponden as tres almas do home, que Platón puxo respectivamente na testa, no peito e na barriga. Se reparades na historia, veredes que hai tempos en que a testa goberna, outros nos que manda o peito, e outros en que vence a barriga: as primeiras son as épocas científicas, as segundas as épocas heroicas, as terceiras as épocas comerciais e industriais. Nos séculos últimos emprincipiou na Euroamérica a Era da Barriga, e as dúas columnas do Templo chámanse Avaricia e Luxuria: a primeira representa o Coagula, e a segunda o Solve da alquimia transcendental>>, (3) pon Risco en boca de Alveiros.


Sen dúbida, común a ambos momentos, o noso e o seu, é que polos dous andan porcos de pé ou iso faíme pensar leer a Risco e dar unha volta rápida pola actualidade. Con todo, no primeiro tercio do relato, sinto certa irregularidade na conexión que establezo co texto, froito dunha carencia da miña lectura, a que as veces vótame fora e otras atrápame nel, mentras avanzó e vou coñecendo e quedando atrapado no mundo de don Celedonio e do doutor Alveiros, persoaxe que resulta a imaxe do humanismo que acaba por renderse e perderse entre as tentacións do diaño e os tempos que corren na cidade de Oria (reflexo satírico do seu Ourense natal) onde Risco sitúa ás caricaturas que lle permiten falar deses aspectos que sinalan o conflito entre o representado por don Celedonio, incapaz de calquer atributo que non sexa o seu amor polos cartos, e Alveiros, o pensamiento humanista e racional que non ten cabida nese presente nin no noso. Entón dígome que o autor ten algo de Erasmo: humanista, irónico, lúcido no seu mirar o mundo, capaz de pensalo e de expresar a súa idea del mediante o humor satírico que non deixa monicreque con cabeza. Por outra parte, deíxame coa case certeza de que non só en Oria hai porcos de pé, sentados, tumbados, agachados… e máis estirados; tamén aquí hainos. Despois desta sucesión de posibles, curta en comparanda coas numeracións que fai Risco para reflexionar sobre o Poder e enfatizar a súa broma que ten como diana a sociedade urbana e mercantil, cuxo Deus é o diñeiro, como deixa constancia o narrador entre as páxinas 98 e 100. Penso na boa intención do escritor ao satirizar sen caer na parvada ao críticar a civilización occidental, a do urbanismo, modernismo, capitalismo, comunismo, porquismo…

(1) Anxo Tarrío Varela: Literatura Galega. Aportacións a unha historia crítica. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1994.

(2) Eduardo Blanco Amor: Entrevistas con E. Blanco-Amor (edición de Victoria A. Ruiz de Ojeda). Editorial Nigra, Vigo, 1994.

(3) Vicente Risco: O porco de pé. Editorial Galaxia, Vigo, 1995 (cuarta edición, 2001).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sucker Punch (2010)

Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Honor de cavalleria (2006)

Hay que ser quijotesco para pretender trasladar a la pantalla el clásico universal escrito por Miguel De Cervantes , pero, quizá, resulta más quijotesco tomar a sus dos personajes principales y realizar o filmar fragmentos de su monotonía, fragmentos que se unen y que, en su sucesión, establecen la conexión entre la naturaleza y el ser humano, fragmentos que captan vida, comedia y drama (así los interpreto), fragmentos en los que parece no suceder nada, y sin embargo sucede la no aventura, los tiempos muertos y, para quien conecte con ellos (supongo que seremos minoría), estos entretienen. Albert Serra  crea sus propios Quijote ( Lluís Carbó ) y Sancho ( Lluís Serrat ) y los ubica en un espacio abierto natural, rodeados de sonidos, de iluminación natural, golpeados por el viento o refrescando sus cuerpos en corrientes fluviales. Son dos personajes silenciosos, prácticamente los únicos que asoman en las imágenes en las que Sancho guarda silencio mientras escucha como el caba...

Posición avanzada (1965)

Como narrador cinematográfico, Pedro Lazaga era muy bueno; el mejor ejemplo bien podría ser Cuerda de presos (1955), su película preferida, pero un fracaso comercial que le decantó hacia un tipo de cine de consumo fácil. Otro cantar es si aprovechó o desaprovechó su talento en películas y temas que, en su mayoría, estaban destinados a todos los públicos, es decir, a no tener el menor encontronazo con la censura y a hacer buenas taquillas. No era una cuestión de ego ni de política, carecía de las pretensiones de renovar el cine español que podrían encontrarse en un tipo Portabella o Saura, o ideológicas a lo Bardem. Tampoco perseguía un humorismo combativo y berlanguiano ni la suya era la pronunciada personalidad cinematográfica de un Regueiro, por no insistir en que Buñuel solo hubo uno y ese grandísimo “uno” rodó casi toda su filmografía fuera de España. Menos aún pretendía pasar por “autor”. Pero autor ¿de qué?, en una cinematografía controlada por la censura y, como cualquier otra, ...