O título Figuracións recolle os breves retratos literarios que Luis Seoane escribiu para o suplemento da Voz de Galicia, Los domingos de la Voz, nos anos setenta do pasado século. Coa súa ampla cultura e a súa particular ironía, froito da súa triple condición de galego, emigrante e exiliado, Seoane, nado en Buenos Aíres e educado en Santiago de Compostela, onde cursou bacharelato e os seus estudos universitarios, retrata nesta compilación a nomes propios da cultura e da política non só iberoamericana. Entre os nomes que nos achega están os dos seus amigos Isaac Díaz Pardo e Rafael Dieste (un dos poucos a quen repite “figuración”), o do editor Gonzalo Losada ou o de Shirley MacLaine, a inesquecible señorita Kubelik e Irma dos films de Billy Wilder O apartamento (The Apartament, 1960) e Irma a doce (Irma la Douce, 1963). Seoane percorre os anos 70, de 1971 a 1977, pero tamén un tempo anterior, ofrecendo unha visión entretida, intelixente, culta e persoal (pois mantivo trato con moitos dos seus “figurados”) daqueles que debuxa con palabras e caricaturas, pois a cada unha das duascentas noventa e nove figuracións correspóndelle o seu debuxo. Unha lectura que, reunida nun só volume, gaña enteiros e permite o achegamento a unha das figuras máis destacadas da cultura galega do século XX, quen influiu na obra doutros, a este e ao outro lado do Atlántico…
Un exemplo das súas Figuracións e Julio Iglesias, de quen “figuraba” o 18 de xulio de 1976 o seguinte:
<<Galicia é nos derradeiros anos moi fértil en cantantes populares. Fai un tempo adicámoslle unha Figuración a Miro Casabella, que a nós parécenos un dos máis importantes, cecáis porque xungue ao seu arte a preocupación fonda por Galicia, pola súa cultura e polo home galego. Este, Julio Iglesias é outra cousa. Estivo en Buenos Aires fai pouco e tivo un grande éxito entre unha moitedume de adolescentes e mulleres de trinta e coarenta anos que lle encheron de frores o escenario do Teatro Opera onde actuaba. As mozas iban a bicalo no proscenio. Moita da xente que foi a escoitalo tivo que facelo de pé e outra moita non poido entrar e quedou no vestíbulo do teatro.
É un trunfador en Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, etc., en toda América latina e en New York Iglesias tamén trunfou. Os seus discos ocupan un primeiro posto nos rankings de venda. De Buenos Aires iba a Caracas é desta cidade tiña de voltar a New York a cantar no xigantesco Madison Square Garden, pois o ano pasado resultou pequeno para acoller aos seus “fans” o Carnegie Hall. A crítica dixo en Buenos Aires que merece o seu trunfo e destaca xunto á súa calidade de artista a súa simpatia e sinceridade, o manterse a distancia da “habitual tontería contemporánea”, como tamén o eludir “o falso almíbar que fai insoportable a outros cantantes”.
Nos engadiríamos que non xesticula e se move co malgosto de Raphael e outros cantantes de moda. O ano pasado, o segundo ano que viña a Buenos Aires tiña dito: “Toda Europa me aclama, pero meu pai dí que hasta que non conquiste aos arxentinos non se pode falar de éxito”. Esto en gran parte é verdade, recoñóceno tódolos concertistas e cantantes do mundo, mais neste caso dío un galego, o pai de Iglesias, que ten a confianza na Arxentina que teñen en xeral os galegos por razóns sentimentales.
Nun comentario previo feito a unha canción que iba a cantar adicada a Galicia e ao seu pai, afirmou, “eu son auténtico galego, é máis, son un galeguista”. O de auténtico galego díxoo pola costume popular de esta cidade de chamar galegos a tódolos españoles. O aplauso do público foi o máis importante da noite. Parecera que o público de arxentinos, con grande maioría de sangues mesturadas das castes de toda Europa e dos indíxenas do país, tivesen querido con ese aplauso mostrar a súa simpatía polos galegos. Unha simpatía que se mantuvo xorda no subsconscente deste pobo.
A canción tenra, como todas as súas, máis sincera que boa, ten un soio defecto que ten de subsanar Iglesias, os erros no idioma. Non se pode decir leixos por lonxe, por exemplo. Esto ten de correxilo. O seu sentimento galego non pode poñerse en duda, mais ten de coidar do seu idioma natural. É fondamente galego na súa aititude sinxela, na súa modestia e máis que nada, na mesma sinxeleza do seu arte. Non fai notar e ter obtido o disco de ouro en Francia nin ser aclamado en San Remo, nin cantado, aparte dos grandes teatros de América toda, no Olympia de París.>>
Luis Seoane: Figuracións. Editorial La Voz de Galicia, A Coruña, 1994.
No video do enlace, a canción de Julio Iglesias, “Un canto a Galicia”, subtitulada en castelán, a que fai referencia Seoane, pero advirto que o vídeo semella un traballo promocional da paisaxe e da gastronomía galega, mais, como a vida é unha continua elección, tiven que elexir entre esta montaxe ou ver ao cantante; e claro, figurádevos o complicado do asunto…
“Figuracións”
El título “Figuracións” recoge los breves retratos literarios que Luis Seoane escribió para el suplemento de La Voz de Galicia, Los domingos de la Voz, en los años setenta del pasado siglo. Con su amplia cultura y su particular ironía, fruto de su triple condición de gallego, emigrante y exiliado, Seoane, nacido en Buenos Aíres y educado en Santiago de Compostela, donde cursó bachillerato y sus estudios universitarios, retrata en esta compilación los nombres propios de la cultura y de la política no solo iberoamericana. Entre los nombres que nos acerca están los de sus amigos Isaac Díaz Pardo y Rafael Dieste (uno de los pocos a quien repite “figuración”), el del editor Gonzalo Losada o el de Shirley MacLaine, la inolvidable señorita Kubelik e Irma de los films de Billy Wilder El apartamento (The Apartament, 1960) e Irma la Dulce (Irma la Douce, 1963). Seoane recorre los años 70, de 1971 a 1977, pero también un tiempo anterior, ofreciendo una visión entretenida, inteligente, culta y personal (pues mantuvo trato con muchos de sus “figurados”) de aquellos que dibuja con palabras y caricaturas, pues a cada una de las doscientas noventa e nueve figuracións le corresponden su dibujo. Una lectura que, reunida en un solo volumen, gana enteros y permite el acercamiento a una de las figuras más destacadas de la cultura gallega del siglo XX, quien influyó en la obra de otros, a este y al otro lado del Atlántico…
No hay comentarios:
Publicar un comentario