Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como castelao

Dentro e fóra

Dentro e fóra Por Antonio Pardines Na Autobiografía de Federico Sánchez e noutros dos seus libros, Jorge Semprún fala da situación fóra e dentro da España do franquismo nos anos 50 e 60. Coñecía as dúas realidades, pois pasaba a metade do tempo baixo a tapadeira «Federico». Baixo ese nome vivía na clandestinidade, nela procuraba preparar as células comunistas no interior do país. Pero non tardou en comprender as diferenzas dentro e fóra. Así chegou á conclusión que expoñería ao Comité Central do PCE e pola que o expulsarían do partido comunista. O certo é que comprendeu que existían dúas situacións excluintes ou, máis ben, unha realidade sobre o terreo e unha idea que facer pasar por real. Esta dábase en París, onde pernoctaban Santiago Carrillo e os seus fiéis seguidores, que ben libres estaban os santiños de contradicir ao seu líder. Alí, na Francia, a cúpula empeñábase na tese que diverxía da de Fernando Claudín e Federico/Jorge, que era testemuña da situación no interior. Existí...

La imposibilidad de caer en el ayer

La imposibilidad de caer en el ayer Por Antonio Pardines Visitando la exposición A derradeira leición do mestre pienso en Castelao, en el dolor que existe en la pintura dedicada a su amigo Alexandre Bóveda —uno de los miles de asesinados por el bando sublevado, pero no olvido que también en el otro lado corrió la sangre de no menos inocentes— y en su mundo de ayer, en el antes y el después inmediatos a aquel 1936 en el que el rianxeiro se negaba a la negativa republicana de aprobar la autonomía gallega. Claro que mi mente se dispersa y me conduce a varias conclusiones, que no lo son porque me sitúan en la duda de qué conozco de su época. Solo tengo acceso a la idea que me hago, pero consciente de la diferencia insalvable entre el ideal y las múltiples realidades del instante. Cualquier momento es la suma de las conocidas y desconocidas, de las aceptadas y las rechazadas. Arribistas los hubo, los hay y los habrá mientras la especie aguante, también dictadores; incluso cada uno de nosot...

Castelao e Os dous de sempre, suman tres

Como referente do galeguismo no exilio, a Alfonso Rodríguez Castelao, que loitou ata o derradeiro folgo da República para que aprobasen o Estatuto Galego que os distintos gobernos republicanos daban largas, o mitificaron e veneraron en vida, pois, como lembraba Blanco Amor, «asumíu a cabeza do galeguismo no exilio, a súa laboura pública ao longo de cincoenta anos ven rexida pola solidaridade, o señalamento, e prédica e o compromiso co seu pobo». (1) Mais hoxe xa é, xunto a Rosalía de Castro, a figura máis lendaria da cultura galega e a máis comercial do seu negocio —pois non hai dúbida de que toda cultura conleva un e mil—, máis este ano no que se cumpre o setenta e cinco aniversario da súa morte e se reeditan os seus libros, se celebran actos a esgalla, publícanse moreas de estudos sobre o seu pensamento, a súa vida e obra, e que incluso algunha película sobre as súas relacións íntimas agarda a súa estrea. O seu estatus supera calquera das súas expectativas, que eran para Galicia non ...

Castelao, sempre pensando e soñando Galicia

Sempre pensando en Galicia Por Antonio Pardines Un libro pode ser unha declaración de amor e o tempo ser un texto político, proba disto é Sempre en Galiza no que Castelao expón varias cuestións que sempre teñen como eixo unha terra de seu, soñada e idealizada polos seus, esquecida pola política centralista e ninguneada polos historiadores casteláns dende que no século XV foi obrigada a deixar de ser ela, aínda que, calada, négase a aceptar ser outra… O país sobrevive a decapitación do mariscal Pardo de Cela, da que nace un mito da rexistencia galega, e o cambio da súa nobreza por outra imposta pola raiña castelá, como castigo ao apoio e a protección galega a Xohana, apodada a “Beltranexa” polos seus inimigos. Co final da Reconquista (1492) morre definitivamente a idea de grandeza soñada polo arcebispo Xelmírez nos séculos XI e XII e a do apóstolo, xurdida de Teodomiro, bispo de Iria-Compostela, e do rei astur Alfonso II “o casto” no século IX, perde interese para a corona de Castela, ...

Preto e lonxe, na mesma distancia

<<Estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas>>, sinala Castelao ao comenzo do IV capítulo do libro primeiro de Sempre en Galiza . (1) Pero a miña experiencia no país veciño dime que non é tan doado establecer na práctica cotiá a comunicación aludida polo rianxeiro na súa obra político-literaria. De Brasil, Angola, Mozambique ou Cabo Verde non podo falar, ao carecer de contacto directo, pero a medida que avanzo cara o sur de Portugal, percorrendo as distintas rexións, a fonética e a expresión oral varían e as distancias entre o galego e o portugués dispáranse. Un exemplo extremo o atopo no portugués que se fala en Tavira, limítrofe coa provincia de Huelva, cando me din que me entenden mellor se me comunico en castelán, e o que falan en Valença, tamén localidade front...

Castelao: Saudade

En la fotografía, Castelao <<Dado que a Saudade é un sentimento inexplicable, que vén das nosas orixes, haberá que buscala no corpo revelado da poesía celta. Esta angueira foi comprimida por Plácido R. Castro* ó percorre-lo moderno lirismo poético de Escocía e de Irlanda para comparalo co noso. Así, ficamos convencidos de que a Saudade é un sentimento propio das Fisterras, onde se mantén unha indeclinable fidelidade á fermosura da esperanza, onde se persiste na rebeldía contra o despotismo dos feitos, onde se segue no empeño de face-lo mundo máis complexo, máis maravilloso, máis habitable. A Saudade ten Alén, e endexamais pode conducirnos á desesperanza, porque coa ilusión do “máis alá” fuximos do mundo real e chegamos ós mundos ensoñados; podemos crear países de fadas, paradisos de felicidade, até confundí-la nosa Terra co Ceo. En fin; os pobos saudosos no soportan o desespero, é por iso prefiren enche-los ocos con dor a deixalos baldeiros. Certo é que en Irlanda se iniciou unha...