Fragmentos de nada: Dos corredores ás letras impresas Por Antonio Pardines Tiña boa sona entre o alumnado do Rosalía, que sempre dicían marabillas del e que con el, o galego era un choio. Camiñaba polos corredores do instituto cun sorriso e cunha afabilidade contaxiosa que parecía fora de tempo, pois non cadraba naqueles andadeiros centenarios do centro escolar onde, nos cambios de clase, saíamos a parolar, a fumar, a tontear e a bromear. Non o tiven como profesor de Lingua Galega, que era a materia que lle correspondía. Así que, para quen isto escribe, o galego non foi un choio e nin sequera a el o podo valorar como docente. Pois, ao contrario que moitos dos meus amigos, non tiven a sorte de vivir as clases de Pepe Chao, un home que sospeito sabía perfectamente que un idioma é moito máis ca unha nota ou ca un exame. A min déronme clase outros docentes. Non conectei con eles, pero iso é un conto aparte e, supoño, en moita parte culpa miña. Anos despois, investigando para un dos meus li...