Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como luis seoane

Dentro e fóra

Dentro e fóra Por Antonio Pardines Na Autobiografía de Federico Sánchez e noutros dos seus libros, Jorge Semprún fala da situación fóra e dentro da España do franquismo nos anos 50 e 60. Coñecía as dúas realidades, pois pasaba a metade do tempo baixo a tapadeira «Federico». Baixo ese nome vivía na clandestinidade, nela procuraba preparar as células comunistas no interior do país. Pero non tardou en comprender as diferenzas dentro e fóra. Así chegou á conclusión que expoñería ao Comité Central do PCE e pola que o expulsarían do partido comunista. O certo é que comprendeu que existían dúas situacións excluintes ou, máis ben, unha realidade sobre o terreo e unha idea que facer pasar por real. Esta dábase en París, onde pernoctaban Santiago Carrillo e os seus fiéis seguidores, que ben libres estaban os santiños de contradicir ao seu líder. Alí, na Francia, a cúpula empeñábase na tese que diverxía da de Fernando Claudín e Federico/Jorge, que era testemuña da situación no interior. Existí...

Luis Seoane. Primeiros pasos

Luis Seoane. Primeiros pasos Por Antonio Pardines Quizais sexa máis coñecido pola súa obra plástica, pero Luis Seoane foi máis que un pintor e un ilustrador de sona. Tamén escribiu poesía, artigos e figuracións. Dirixiu a Casa de Galicia en Bos Aires, fundou revistas culturais, editou e reeditou unha morea de libros doutros autores para que a dura represión que asolaba a España non fixera calar á cultura galega, que durante os primeiros lustros do franquismo —poñamos de 1940 a 1960, aínda que Galaxia aparece no 1950— vivía no interior novos anos de escuridade que os exiliados como este artista humanista, galeguista e de compromiso e conciencia social, pretendían dalgún xeito iluminar. Mais, sobre todo, din que Seoane viviu na constante inquedanza, na procura de poñelo seu gra de area na mellora de Galicia e das súas xentes. Como? Dándolle voz e tamén imaxe. Xa de neno, cando chega da Arxentina, onde os seus pais emigraran, abre os ollos á contorna. Primeiro en Arca (O Pino), que se con...

Figuracións: Julio Iglesias

Semblanzas dalgúns nomes propios dos Setenta Por Antonio Pardines O título Figuracións recolle as caricaturas e os breves retratos literarios que Luis Seoane escribiu para o suplemento da Voz de Galicia, Los domingos de la Voz , nos anos setenta do pasado século, cando o artista galego vivía entre Bos Aires e A Coruña, onde mercaría o piso onde, xunto a súa muller, pensaba afincarse definitivamente. Coa súa ampla cultura e a súa particular ironía, froito da súa triple condición de galego, emigrante e exiliado, Seoane, nado en Bos Aíres e educado entre Arca (O Pino) e Santiago de Compostela —onde cursou bacharelato e a carreira de Dereito—, retrata nesta compilación a nomes propios da cultura e da política non só iberoamericana da época. Entre os nomes que nos achega están os dos seus amigos Isaac Díaz Pardo, Domingo García-Sabell e Rafael Dieste (un dos poucos a quen repite “figuración” porque tamén foi no longo exilio como un irmán para el), o do editor Gonzalo Losada ou o de Shirley...

Fragmentos de nada: Os Isaac da parroquia

Fragmentos de nada: Os Isaac da parroquia Por Antonio Pardines O primeiro Isaac da parroquia do que tiven noticia foi o fillo dun tal Abraham que vivía preto do cabo de San Adrián. Disque levaba máis de cen anos tocando a gaita e que tiña por costume sacrificar unha ducia de ovellas nos días de romaría. Ata alí ía todo farruco, chovera ou fixese sol, e situaba unha tras outra enriba da pedra que poñía no medio do camiño de terra que levaba á ermida, impedindo aos mozos e mozas do pobo ir de esmorga. Estes, ao non ter que facer máis que mirar ao vello matachín acoitelando laúdos nesa fermosa paraxe coas illas ao fondo, o sangue salpicando, as gaivotas desafinando a canción das andoriñas, e o mar batendo as rochas, voltaban á vila e acababan a troula no palleiro do «Chonipe», que sempre andaba embarcado ou na tasca da Lola «Peseta». Aquel foi un período de elevada natalidade local, aínda que ninguén sabía explicar o porqué ou conformábanse dicindo que era vontade divina, que na «Xénese» ...

María Casares, por Luis Seoane

<<A actriz tráxica máis importante de Francia é a coruñesa María Casares . Non fai moitos anos, tres ou catro, abraiaba París coa súa interpretación de “Medea”, a traxedia de Séneca, facendo que o púbrico se identificase con ela e vibrase deica o límite humán. É unha grande actriz universal non coñecida na súa terra, non temos que decir por cales circunstancias. Fai xa vinte anos na coleición dirixida por Roger Gaillard, “Masques e visages” o profesor do Conservatorio de París e eminente crítico Dussane, adicoulle un libro estudando a evolución desta extraordinaria artista e a súa importancia para o teatro do noso tempo, comparándoa con Sara Bernhardt no seo. María Casares xa tiña feito os “Seis persoaxes en procura de autor”, de Pirandello; “O rei Xoan”, de Shakespeare ; “Xoana de Arco”, de Peguy; “Fedra”, de Séneca, etc. Tiña comenzado con “Deirdre dos doores”, de Synge, irlandés tan irmán noso polo seu teatro, e interpretaba obras de Moliere e Ibsen, Checof, Sartre, Camus, et...