Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2026

Red Rock West (1993)

La inevitable atracción de la roca Por Antonio Pardines La desventura de Michael (Nicolas Cage) en Red Rock, una pequeña población de unos mil quinientos habitantes en el estado de Wyoming, gira alrededor de las coincidencias que le zarandean para el disfrute del público que acudió a las salas para dejarse llevar por las penurias de un don nadie atrapado entre el estar sin blanca y la codicia que la fortuna pone en su camino. Aparece en forma de una mujer fatal (Lara Flynn Boyle), de un marido no menos capullo (J. T. Walsh), que resulta ser el barman, la parte contratante de un homicidio y el sheriff local, y un asesino profesional (Dennis Hopper) que, como Michael, procede de Texas, el estado de la Estrella Solitaria. Quizás, debido a esa soledad compartida le insista que beba con él después de estar a punto de atropellarlo mientras Michael huye en la nocturnidad de una carretera solitaria en la que el héroe —pues lo de anti solo es otra apariencia más— acaba bajo el automóvil de quie...

Risco atopa os sospeitosos habituais daquela Mitteleuropa

Risco atopa os sospeitosos habituais daquela Mitteleuropa  Por Antonio Pardines Na parte final do seu libro  Mitteleuropa  (1934), Vicente Risco fala das ideas que observa en Berlín, entre elas o marxismo, o nacionalsocialismo e o antisemitismo. Atópaos na súa viaxe a Alemaña en 1930, cando o partido nacionalsocialista pasa de 12 escaños a 107, e as rúas de Berlín están infestadas de marxistas e de camisas pardas, de propaganda comunista e nazi. É importante situar o contexto no que o intelectual ourensán chega a Centroeuropa porque as ideas non nacen de xeración espontánea, senón de correntes que, a miúdo subterráneas, circulan ao longo do tempo e dos lugares. O antisemitismo deambulaba por Europa dende moito antes de que un antigo cabo austríaco, que quixo ser alemán e mesías, escribise na comodidade do seu encerro carcelario un panfleto cheo de intencións e de parvadas baseadas no complexo de inferioridade, no odio, na ignorancia e na pseudociencia. Só fai falta mirar ...

Militancia, desencanto e outros contos

Militancia, desencanto e outros contos Por Antonio Pardines Premiado polo Patronato do Pedrón de Ouro, o relato que abre Crónica de nós (Edicións Xerais, 1980), A Sibila , transcorre na memoria dun narrador que lembra un feito misterioso e perigoso do seu pasado de 1925. Pero, como narrador, tamén é o inventor do relato, pois fálanos da súa incapacidade de devolver o momento pasado (a realidade) ao presente (a reconstrución). Só pode evocar, reconstruír e dar por boa a súa construción, aínda que esqueza, rechee ou se confunda, como acontece ao dicir que saían do cine de ver Metrópolis (Fritz Lang, 1927) cando, se un mira a data da estrea, sería unha proxección imposible, agás nun fado ou nunha fantasía da memoria. Tampouco podería asegurar se este ir ver o filme de Lang antes da súa filmación foi un erro do propio Xosé Luís Méndez Ferrín ou dese enigmático personaxe seu que lembra e revive a súa experiencia compartida con Domingo Areal nunha cidade húmida que, cargada de lendas e rep...