Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como narrativa

Militancia, desencanto e outros contos

Militancia, desencanto e outros contos Por Antonio Pardines Premiado polo Patronato do Pedrón de Ouro, o relato que abre Crónica de nós (Edicións Xerais, 1980), A Sibila , transcorre na memoria dun narrador que lembra un feito misterioso e perigoso do seu pasado de 1925. Pero, como narrador, tamén é o inventor do relato, pois fálanos da súa incapacidade de devolver o momento pasado (a realidade) ao presente (a reconstrución). Só pode evocar, reconstruír e dar por boa a súa construción, aínda que esqueza, rechee ou se confunda, como acontece ao dicir que saían do cine de ver Metrópolis (Fritz Lang, 1927) cando, se un mira a data da estrea, sería unha proxección imposible, agás nun fado ou nunha fantasía da memoria. Tampouco podería asegurar se este ir ver o filme de Lang antes da súa filmación foi un erro do propio Xosé Luís Méndez Ferrín ou dese enigmático personaxe seu que lembra e revive a súa experiencia compartida con Domingo Areal nunha cidade húmida que, cargada de lendas e rep...

De guerra hasta las cejas

De guerra hasta las cejas Por Antonio Pardines La narración de Michael Herr que da forma a Despachos de guerra ( Dispatches , 1977) carece de cinismo. El reportero no pierde su compasión, ni la oculta, tampoco alardea de ella. Ni esconde el dolor ni la locura, tampoco la admiración hacia quienes se convierten en sus compañeros ni el sentimiento hacia los jóvenes soldados condenados a perder su inocencia, a convertirse en cadáveres, en heridos, en supervivientes, en víctimas y en asesinos, en viejos prematuros que viven a una distancia que el corresponsal comprende que nunca llegará a cruzar realmente.  Esa necesidad de abrirse, de mirarse a sí mismo y al entorno, le permite no caer en el cinismo del corresponsal que presume estar de vuelta de todo, aquel que asume tener muchos «huevos». Pero Herr sabe que nadie lo está, salvo un enajenado, un muerto en vida o quien emplea dicha presunción como una máscara que le proteja o le permita alardear. Herr no lo hace, sabe que no hay nada ...

A contradición das chamas

A contradición das chamas Por Antonio Pardines A novela máis ambiciosa de Manuel Rivas, e que amplía o seu universo literario e memorístico, é a suma de momentos que dá forma a Os libros arden mal (2006), que enriquece a literatura sobre a guerra civil e de posguerra, mais non o fai con ansias de repetir consignas nin de sentenciar o que debemos matinar. Rivas posiciónase a prol da liberdade, da fantasía, do amor non só polos libros, senón polos contos e os contistas, polos marxinais e perseguidos, por quen soña e atopa refuxio nunha grúa ou nunha rúa a carón do peirao. El mesmo é un deles, e máis que falar parece debuxar con palabras un panorama amplo, imaxinativo, agridoce como o cine de Chaplin, que é un dos míticos debuxados por Siro López na Praza do Humor da Coruña, a cidade viva na que Rivas desenvolve as distintas historias. Todas conflúen nesa localidade a beira do mar na que loce o faro de Hércules, que aínda hoxe ilumina e guía, mais, coa música que soa máis co son do mar e...

Como una moto

Como una moto Por Antonio Pardines Varios autores de distintas nacionalidades hablaron de un tema coincidente desde perspectivas personales. Fueron testigos del final de Europa, del derrumbe no solo físico, sino también moral que se produjo en aquella época que deparó la guerra y la posguerra. Aunque sería mejor usar el plural para referirse al momento posterior, pues las situaciones de cada rincón europeo obedecían a la escasez, cierto, a los ajustes de cuentas, indudablemente, pero también a las particularidades de cada lugar. Aquellos autores nos hablaron en sus libros de los años previos, tal como hizo Stefan Zweig en El mundo de ayer, y de los inmediatamente posteriores; por ejemplo, Louis Ferdinand Céline en su trilogía del Norte, compuesta por De un castillo a otro, Norte y Rigodón. Y hubo quien describió el momento bélico mismo prácticamente en directo: Curzio Malaparte en Kaputt, Vasili Grossman en sus Escritos de guerra —su espléndida Vida y destino es posterior a la guerra—,...

Da periferia atlántica á decadente Centroeuropa

Da periferia atlántica á decadente Centroeuropa Por Antonio Pardines O título  Mitteleuropa  (1934) podería levar a pensar que se trata dun libro de  Claudio Magris , pero resulta que é de Vicente Risco, de cando Magris, nado en Trieste en 1939, nin era un proxecto biolóxico dos seus pais nin, evidentemente, o estudoso da Europa Central que revelou  O Danubio  (1986). Daquela, o autor de  O porco de pé  (1928) xa era unha das figuras máis sobresaíntes do galeguismo anterior á Guerra Civil (1936-1939) e un dos líderes do grupo de Ourense, do que tamén formaban parte Florentino López Cuevillas, Xosé Ramón Fernández-Oxea «Ben-Cho-Shey» e Ramón Otero Pedrayo, quen xa na década de 1950 sería o presidente da editorial Galaxia, a que dalgún xeito viña revivir o galeguismo na Galicia interior —na exterior, a do exilio, tiña os seus maiores focos en México e Bos Aires—. Corre o ano 1930 cando Risco, católico practicante, emprende a súa viaxe á Alemaña da Repúbl...

Bailes, marcialidad, soledad y camaradería, ¿qué nos queda de aquella cacería?

Bailes, marcialidad, soledad y camaradería, ¿qué nos queda de aquella cacería? Por Antonio Pardines Un libro honesto no es aquel que presume serlo, ni el que dice basarse en la realidad, que es aquello que nos llega por los sentidos, los cuales, según aquel griego de anchas espaldas, eran engañosos. Un libro honesto, me digo, es simplemente el que nace del escritor y no toma por idiotas a los lectores, por eso les exige, porque sabe que su exigencia es muestra de respeto a la inteligencia del lector. Ese autor sería algo así como la suma del consciente, del inconsciente y del subconsciente, así como de las máscaras y de la desnudez que se oponen. Pues eso es lo que hallo en Sándor Márai y El último encuentro  (1), una novela que dice tanto como invita a pensar en los silencios y en los espacios vacíos. A partir del capítulo 10, el viejo general se erige prácticamente en la única voz que se escucha, pero el silencio de Konrád no solo otorga, sino que permite reflexionar ya no so...

Fragmentos de nada: O Gagarin

Fragmentos de nada: O Gagarin Por Antonio Pardines Chamábamoslle o Gagarin porque o seu nome era Iván Gago Arines e sempre andaba na lúa. Non había día nin clase na que o mestre lle preguntase e o Gagarin escoitase que falaba con el. Nin a berros conseguía que lle prestase atención. El seguía ao seu. E que era o seu? Soñar? Paspar? Nunca o souben e agora cústame imaxinalo. Era baixo ou alto para a súa idade? Gordo ou fraco? Tiña voz de pito? Só lembro o seu flequiño escuro ou claro cubrindo parte da fronte e que levaba anteollos de pasta, tampouco é que daquela houbese moitos modelos a escoller nin que fose moda de xente guapa. Pero ninguén lle cantaba «catro ollos capitán dos piollos»; que non había tantas lendres nin «saltacacholas» que chupasen o sangue como presumían os anuncios daquel «Filbi», diaño de champú!, que tanto empeño tiña en asustar as nosas nais. Pobre delas, pobre de nós, mais a miña era das que os cazaban e dábanlle matarile cos dedos. Que non farían cuns paus chines...

Dentro e fóra

Dentro e fóra Por Antonio Pardines Na Autobiografía de Federico Sánchez e noutros dos seus libros, Jorge Semprún fala da situación fóra e dentro da España do franquismo nos anos 50 e 60. Coñecía as dúas realidades, pois pasaba a metade do tempo baixo a tapadeira «Federico». Baixo ese nome vivía na clandestinidade, nela procuraba preparar as células comunistas no interior do país. Pero non tardou en comprender as diferenzas dentro e fóra. Así chegou á conclusión que expoñería ao Comité Central do PCE e pola que o expulsarían do partido comunista. O certo é que comprendeu que existían dúas situacións excluintes ou, máis ben, unha realidade sobre o terreo e unha idea que facer pasar por real. Esta dábase en París, onde pernoctaban Santiago Carrillo e os seus fiéis seguidores, que ben libres estaban os santiños de contradicir ao seu líder. Alí, na Francia, a cúpula empeñábase na tese que diverxía da de Fernando Claudín e Federico/Jorge, que era testemuña da situación no interior. Existí...