Dende que souben que o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga ían por en escena en Santiago de Compostela “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”, sentín curiosidade e ganas de vela. Onte, puiden gozar a posta en escena dirixida por Fran Núñez. Fíxeno por partida dobre. Non é que a vise dúas veces, senón que descubrín unha obra orixinal que falábame actual do hoxe, de varios “onte” e de posibles “mañás” humanos ao tempo que levaba a escena a “obriña” de Gabriel Feixóo de Araúxo. Por que representala, se pasaron máis de 350 anos dende entón? Por que a representaron fai xa medio século Manuel Lourenzo e José Estruch? Por que a escribiu Feixóo de Araúxo? E como adaptala ao mundo actual? Onte, obtiven as miñas respostas e, sobre todo, gocei dunha peza teatral que me entretivo de principio a fin… “A contenda dos labregos de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño”, de Gabriel Feixóo de Araúxo (1) <<A única m...