Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ricardo carballo calero

Carballo Calero e A xente da Barreira

  Se un bota unha ollada a historia da Universidade de Santiago de Compostela atopa unha morea de nomes fundamentais da cultura galega. Por outra parte, tampouco resulta estrano, xa que a institución ten máis de cincocentos anos de vida e foi o eixo cultural de Galicia durante ese longo periodo que abarca dende a época de Marzoa (1495) e o III dos Fonseca ata a actualidade na que xa hai outras duas universidades galegas máis. Un deses nomes propios é o do ferrolano Ricardo Carballo Calero, quen pasou a ingresar na lista de profesores da Universidade tras anos de ter prohibido exercer ningunha función pública, debido a súa condea tras a guerra civil, na que participou na defensa de Madrid, onde a sublevación colleuno facendo uns exames de oposición. Foi condeado a doce anos de presidio, que non cumpriu ao ser posto en liberdade condicional en 1941, aínda que non sería ata 1965 cando xa pode exercer función pública no instituto compostelano Rosalía de Castro. Mais o seu caso non é es...