Rosalía é a figura central do Rexurdimento decimonónico, a que hónrase merecidamente por ser quen, con Cantares galegos (e posteriormente coa máis complexa, intima e lograda Follas novas ), encabeza o rexurdir das letras galegas , mais só escribe en galego poesía. A prosa a redacta en castelán porque non considera o galego unha lingua para ensaios e novela. Pero esta maxistral poetisa trabúcase niso; de demostralo encárganse Castelao , Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, o autor máis prolifico en lingua galega, e outros escritores e intelectuais do grupo Nós no século XX. Por citar unha obra dos nombrados, dicir que Os dous de sempre (1934), O porco de pé (1927) e Arredor de sí (1930) son mostras dunha literatura frorecente na narrativa —na poesía xa acadara nas cantigas medievais e en Rosalía, Curros e Pondal un nivel que nada tiña que envexar a calquera outra lingua—, rica e viva que na década de 1920 intenta abrirse camiño no que adoitaba chamarse alta cultura e establecer...