Rosalía é a figura central e a que hónrase merecidamente por ser quen con Cantares galegos (e posteriormente coa máis complexa, intima e lograda Follas novas) encabeza o Rexurdimento decimonónico, mais só escribe en galego poesía. A prosa a redacta en castelán porque non considera o galego unha lingua para ensaios e novela. Pero esta maxistral poetisa trabúcase niso; de demostralo encárganse Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, o autor máis prolifico en lingua galega, e outros escritores e intelectuais do grupo Nós no século XX. Por citar unha obra dos nombrados, dicir que Os dous de sempre (1934), O porco de pé (1927) e Arredor de sí (1930) son mostras dunha literatura frorecente na narrativa —na poesía xa acadara nas cantigas medievais e en Rosalía, Curros e Pondal un nivel que nada tiña que envexar a calquera outra lingua—, rica e viva que na década de 1920 intenta abrirse camiño no que adoitaba chamarse alta cultura e establecerse na escrita como algo máis que a alternativa ao castelán, idioma que se ben falado polas clases dominantes e polos políticos galegos que facían carreira en Madrid —dende Montero Ríos a Casares Quiroga—, non é o autóctono nin era o empregado no rural nin no medio mariñeiro que conservaron a súa lingua materna durante os Séculos Escuros, aqueles que foron froito da política centralista de Castela, a mesma política que herda a España de épocas posteriores; sen ir máis lonxe a da dictadura de Primo de Rivera e a da Segunda República, como confirma a decisión de non ser federalista —e o ninguneo ás propostas de estatutos propios, salvo a Cataluña, que liderada por Macià e a Esquerra exercía unha presión tal que só puido calmarse coa concesión por parte do goberno central dun réxime autonómico de seu—.
Entre Galicia, Madrid e outras capitales europeas, Otero Pedrayo sitúa a súa novela Arredor de sí, quizais a máis coñecida das súas, na que concede protagonismo a Adrián Solovio, un xoven intelectual en crise existencial, na encrucillada, tal como o propio galeguismo durante o tramo final do periodo alfonsino. A través da confrontación entre tradición e modernidade, entre Castela e Galicia, entre Adrián e a súa familia, Tomando da súa propia experiencia, Otero escribe unha novela de desorientación, búsqueda, aprendizaxe e tamén de defensa do idioma e da cultura galegas. Intercala capítulos nos que sitúa a acción en Castela (Segovia, Madrid, Burgos, Toledo), á outro lado dos Pirineos e nunha aldea galega non lonxe do Miño. O primeiro e o segundo espazo os percorre o mozo protagonista, trasunto do propio autor, pois non é difícil ver que trátase dunha ficción con moito de autobiografía, na que o interese céntrase na búsqueda de Adrián, a de si mesmo, a do seu lugar no mundo. Dicía Risco, respecto a esta novela, que <<Arredor de sí, máis que unha novela, é a autobiografía, non sóio dun home, senón dun agrupamento, case dunha xeración. É a autobiografía do cenáculo do autor, ao que eu pertencín tamén. Polo seu mesmo individualismo, polo seu por mín confesado egocentrismo, o noso agrupamento andivo todo o tempo dando voltas arredor de sí —e cada ún arredor de sí mesmo— sen atoparse endexamáis de todo.>> (1) Por que estudar filosofía?, e a pregunta que desata outras que buscan respostas mentras a súa idea primitiva dilúese. Esa idea é a de moitos galegos de suposta cultura que fuxen para Madrid, coa intención de cobrar prestixio e deixar atrás o complexo de inferioridade que a política secular de Castela respecto a Galicia fixo medrar na clase fidalga e burguesa…
(1) Vicente Risco: Leria. Editorial Galaxia, Vigo, 1961.
No hay comentarios:
Publicar un comentario