Ir al contenido principal

Castelao, sempre pensando e soñando Galicia


Un libro pode ser unha declaración de amor e o tempo ser un texto político, proba disto é Sempre en Galiza no que Castelao expón varias cuestións que sempre teñen como eixo unha terra de seu, soñada e idealizada polos seus, esquecida pola política centralista e ninguneada polos historiadores casteláns dende que no século XV foi obrigada a deixar de ser ela, aínda que, calada, négase a aceptar ser outra…


O país sobrevive a decapitación do mariscal Pardo de Cela, da que nace un mito da rexistencia galega, e o cambio da súa nobreza por outra imposta pola raiña castelá, como castigo ao apoio e a protección galega a Xohana, apodada a “Beltranexa” polos seus inimigos. Co final da Reconquista (1492) morre definitivamente a idea de grandeza soñada polo arcebispo Xelmírez nos séculos XI e XII e a do apóstolo, xurdida de Teodomiro, bispo de Iria-Compostela, e do rei astur Alfonso II “o casto” no século IX, perde interese para a corona de Castela, que tantos cartos sacou da Igrexa compostelán para sufragar as súas loitas contra os musulmáns ou contra outros reinos cristiáns peninsulares. Castela (e León), o contrario que Galicia, e de tendencia conquistadora. Pola forza, quere todo arredor de si e con Isabel en unión de Fernando xorde a primera monarquía centralizadora e moderna de Europa; aínda que, para contradecirse, sexan dúas coroas. O Camiño, antaño fonte de románico, que remata no Fisterre onde a beleza do solpor precede a quietude e ao misterio da noite sobre o “mar tenebroso” que chama aos galegos a viaxar, acariña o seu paraíso artístico no Pórtico da Gloria. Pero xa non é necesario na Ibérica das católicas maxestades. Agoniza a vía humana e cultural que, polo norte medieval, une os distintos pobos peninsulares con Europa. Tal vez precísese a figura do Santiago “guerreiro” alén o Atlántico. Din que aparece por terras chilenas loitando contra os nativos, a prol do estremeño Pedro de Valdivia (s. XVI) e das súas tropas casteláns. O galego escrito perde a súa escritura, pero o idioma dos trovadores medievais (s. XIII-XIV) Mendiño, Airas Nunes, Joan Airas, Xohán de Cangas e Martín Códax conserva a súa fala nos campesiños e mariñeiros durante os séculos escuros. Galicia fica muda na escrita, máis o seu espíritu queda aí, no pobo. Na literatura, na que destacou precozmente na lírica, son séculos de silencio ata o Rexurdimento (s. XIX). Entón, acontece o inesperado, cantan Rosalía, Curros, Pondal, Aguirre e Rodríguez Seoane, os tres mozos que brindan no banquete de Conxo, entre estudantes e obreiros reunidos ali no bosque, cos carballos de testemuñas, pola fraternidade e a liberdade. Fermosa, sentida e ilusa verba a daqueles xóvenes poetas. Para ela e eles a poesía é a expresión natural da lingua galega, da súa alma atlántica, rumorosa e húmida. Dan un primeiro paso na modernidade e na recuperación escrita e, xa no século XX, as Irmandades da fala, froito daqueles precursores e doutros que foron antes e despois, dan o seguinte a carón dos camiñados polo grupo Nós, nome que Ánxel Casal —detido e “paseado” trala sublevación de xullo do 36— tomou para a súa editorial. Tamén el é figura indiscutible do galeguismo, como o son Ramón Suárez Picallo ou o de Rianxo.



Médico, político, caricaturista, galeguista, republicano, federalista, ensaista, humorista, home do rural e do mar, Castelao é un dos ilustres herdeiros daqueles poetas e poetisa decimonónicos e de intelectuaís como os ilustrados Feixoo e Sarmiento (s. XVIII) ou o rexionalista Alfredo Brañas (s. XIX). Pero Castelao vai noutra dirección que Brañas, pois vira a esquerda dende onde defende a súa terra falando e escribindo no seu idoma materno; como o fan os tamén rianxeiros Rafael Dieste e Manuel Antonio. Rianxo terra fértil e mar calmo nun oceano salvaxe veu nacer aos tres ilustres e deulles a súa primeira voz. O seu galego é de berce, e así flue natural en Sempre en Galiza, libro que Castelao escribiu en catro estados de ánimo ben distintos. Nel fala da súa terra e da súa arela de liberdade para ela. O escribe durante varios anos e en distintos lugares. As dúas primeras partes as escribe en 1937 e 1940; as outras dúas datan de 1943 e 1947. Dez anos separan os extremos temporais, unha década que cambiou o mundo. Escrito durante a guerra civil, no primeiro todavía fala de posibilidades para Galicia e para España da Segunda República se esta vence e se transforma en federal. Nesas páxinas define o concepto de “nación” —valéndose da definición feita por Stalin, de quen, aínda que algúns o sospeiten, no 1937 todavía non se coñecen os seus crimes— para demostrar que Galicia axústase e cumpre os requisitos para seres considerada como tal. Fala da pulcra elaboración do Estatuto; das trabas e trampas que o retrasan, da negación do goberno central. Unha vez máis, Castelao sente a Galicia asoballada, incomprendida, condeada pola política dos líderes socialistas e republicanos e amenazada polo totalitarismo franquista. A guerra civil non está decidida, aínda hai tempo para vencer o “fascismo”. A forza que semella máis organizada no bando “republicano” é a comunista, pero Castelao no o é, aínda que simpatice co seu paisano Enrique Lister.



A súa visita a Unión Soviética e a Estados Unidos fortalece a súa idea federalista, a que quiso para a República española dende antes do 14 de abril 1931. Como tantos outros, non sabe que saldrá dunha vitoria do bando leal, mais si comprende o que virá na derrota: a dictadura militar a cal alude en liñas do segundo libro, escrito durante a súa estadía en Nova York e no barco “Argentina” que o leva a esa terra americana que, a pesares do rexeitamento que recibe, inclusive por parte dos seus paisanos asimilados, moitas galegas e galegos consideraban parte de seu, tamén parte de Galicia. Quen pode negarles o feito de axudala a construir? Cantos e tantos fillos e fillas galaicos tiveron que emigrar ou exiliarse alí e noutras terras estrañas das que algúns retornaron e outros ficaron. Houbo como Castelao, que voltou de morto para seres soterrado no panteón dos galegos ilustres. Ben cambiaría ese lugar de repouso por unha Galicia autónoma na súa capacidad para autogobernarse dentro dunha republica española federal. Nese segundo libro, Castelao fala claro e sinala os males dunha República federable que non quiso ser máis co feudo dos seus gobernantes, esquecendo as necesidades da diversidade española. Aínda así, o político galeguista, deputado nas cortes republicanas, mostrábase optimista na súa idea federalista: ver unha España plurinacional dentro dunha Europa cun mercado común no que se respectase a diversidade cultural e as particularidades de cada pobo, entre eles o galego, que era o seu amor platónico. Mais a morriña a veces facíase forte: <<A min abondábame un curruncho galego e a ledicia de ver a nosa paisaxe i escoitar o noso idioma. Eu creo, e repito con Heine, que dende a máis pequena fiestra pode contemplarse a inmensidade do ceo coma dende a máis pequena terra se pode comprender a grandeza do mundo.>>




Comentarios

Entradas populares de este blog

Sucker Punch (2010)

Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Honor de cavalleria (2006)

Hay que ser quijotesco para pretender trasladar a la pantalla el clásico universal escrito por Miguel De Cervantes , pero, quizá, resulta más quijotesco tomar a sus dos personajes principales y realizar o filmar fragmentos de su monotonía, fragmentos que se unen y que, en su sucesión, establecen la conexión entre la naturaleza y el ser humano, fragmentos que captan vida, comedia y drama (así los interpreto), fragmentos en los que parece no suceder nada, y sin embargo sucede la no aventura, los tiempos muertos y, para quien conecte con ellos (supongo que seremos minoría), estos entretienen. Albert Serra  crea sus propios Quijote ( Lluís Carbó ) y Sancho ( Lluís Serrat ) y los ubica en un espacio abierto natural, rodeados de sonidos, de iluminación natural, golpeados por el viento o refrescando sus cuerpos en corrientes fluviales. Son dos personajes silenciosos, prácticamente los únicos que asoman en las imágenes en las que Sancho guarda silencio mientras escucha como el caba...

Posición avanzada (1965)

Como narrador cinematográfico, Pedro Lazaga era muy bueno; el mejor ejemplo bien podría ser Cuerda de presos (1955), su película preferida, pero un fracaso comercial que le decantó hacia un tipo de cine de consumo fácil. Otro cantar es si aprovechó o desaprovechó su talento en películas y temas que, en su mayoría, estaban destinados a todos los públicos, es decir, a no tener el menor encontronazo con la censura y a hacer buenas taquillas. No era una cuestión de ego ni de política, carecía de las pretensiones de renovar el cine español que podrían encontrarse en un tipo Portabella o Saura, o ideológicas a lo Bardem. Tampoco perseguía un humorismo combativo y berlanguiano ni la suya era la pronunciada personalidad cinematográfica de un Regueiro, por no insistir en que Buñuel solo hubo uno y ese grandísimo “uno” rodó casi toda su filmografía fuera de España. Menos aún pretendía pasar por “autor”. Pero autor ¿de qué?, en una cinematografía controlada por la censura y, como cualquier otra, ...