Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como agustín magán

Agustín Magán e a Difusión do Teatro Afeccionado

Nado en Santiago de Compostela, en 1918, Agustín Magán Blanco recibía o premio de Honra na primeira edición dos Premios de Teatro María Casares, celebrada no teatro Rosalía de Castro da Coruña en 1997. Un ano antes, en decembro de 1996, a súa cidade natal recoñecíalle o súa labor teatral coa entrega da Medalla de Prata da Cidade ó Mérito Artístico e Cultural, condecoración que o Concello xa concedéralle en 1986 ao seu grupo teatral. Fundado en 1960, o Teatro de Cámara DITEA (Difusión de Teatro Afeccionado), convértese nun referente do teatro amador compostelano e galego dende que da os seus primeiros pasos. Por el pasan Pepe Domingo Castaño, José Manuel Oliveira “Pico”, Mariluz Villar ou Luis Zahera. E máis de seis décadas despois, segue guerreando no escenario —hoxe mesmo, no Salón Teatro de Santiago, coa comedia “Un mal día teno calquera”—. A importancia de Magán e dos seus colaboradores na evolución do teatro galego está fora de toda dúbida. Entregáronse o desenrolo do teatro amador...