Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como suso de toro

Dentro e fóra

Dentro e fóra Por Antonio Pardines Na Autobiografía de Federico Sánchez e noutros dos seus libros, Jorge Semprún fala da situación fóra e dentro da España do franquismo nos anos 50 e 60. Coñecía as dúas realidades, pois pasaba a metade do tempo baixo a tapadeira «Federico». Baixo ese nome vivía na clandestinidade, nela procuraba preparar as células comunistas no interior do país. Pero non tardou en comprender as diferenzas dentro e fóra. Así chegou á conclusión que expoñería ao Comité Central do PCE e pola que o expulsarían do partido comunista. O certo é que comprendeu que existían dúas situacións excluintes ou, máis ben, unha realidade sobre o terreo e unha idea que facer pasar por real. Esta dábase en París, onde pernoctaban Santiago Carrillo e os seus fiéis seguidores, que ben libres estaban os santiños de contradicir ao seu líder. Alí, na Francia, a cúpula empeñábase na tese que diverxía da de Fernando Claudín e Federico/Jorge, que era testemuña da situación no interior. Existí...

Un personaxe con dúbidas

Un personaxe con dúbidas Por Antonio Pardines Quen vén sendo Suso de Toro? Daría un bo personaxe de ficción? É máis que posible, porque toda persoa carga a súa historia ao lombo e soamente cómpre un escritor con inquedanzas e capacidade de reconstruír, disposto a camiñar entre fantasmas, incluso no baleiro que terá que encher con ficción que ben podería achegarse a realidade. Necesítase alguén que asumiese todo iso para si e dese literatura ao conto, a un relato que, ás veces, non levará a ningures e outras nos achegue a algunha parte. Pero non vou facer del un heroe de papel nin un autor de ficción a quen busco coñecer para desvelar unha verdade máis ampla. Quédome co escritor na sombra, a que non coñezo, pero a quen imaxino traballando arreo e cheo de conflito artístico, emocional e humano. Nada coñezo dese home real. Só sei e só me corresponde dar a miña interpretación a súa obra literaria. Que eu saiba cruceime con el unha soa vez, cantidade insignificante se se pensa que vivimos n...

Suso de Toro: Dentro da literatura

A Literatura segundo Suso Por Antonio Pardines E mira que ponse un pouco pesadiño co conto de referirse todo o tempo ao lector e a lectora. Que si, que xa sabemos que a lectura é un diálogo entre quen le e o descoñecido que escribe as liñas para si, aínda que logo diga que o fai para descoñecidos. Pois imos ver, quen é o lindo que nega (non polo vicio ou a virtude de negar sen máis) que o primeiro lector da súa obra non é o propio escritor; e que este escribe (e escribirá ata o fin) teña ou non lectores, aínda que neste caso senta frustración e agudícese a sensación de soidade. Calquera escritor que latexe como tal baixo a súa pel, escribe pola necesidade de escribir, porque converteuse en adicción, porque sinte plenitude cando escribe, porque escribir é a súa eterna aspiración, o seu soño e o seu pesadelo, a súa maneira de atoparse e situarse, mais nunca disposto a ficar nun punto fixo, pois non acouga nin cando escribe (aínda que aí libérase cando as ideas cobran forma escrita), ou p...

Suso. Fóra de lugar (2024)

Na procura do seu lugar Antonio Pardines No cine documental, tamén no de ficción, nas obras autobiográficas e nas biografías oficiais, hai moito de propaganda e de hagiografía. E non vou a eganarme:  Suso. Fóra de lugar (2024) ten de ambas, pero nin unha nin outra son do meu interés. Interésame a obra literaria do escritor compostelán, pois, como el mesmo di en Dentro da literatura , <<os actos dos escritores son os seus libros. Por eles deben ser xulgados>>. Mais pode un escritor separarse do resto dos seus pensamentos e do seu tempo? Na autobiografía, o autor escóndese tras anécdotas, momentos e desculpas, mais nunca chega a ser sincero de todo e desvelar o máis recóndito nin os actos que podan avergoñalo, pois cala moito de si, silencia o que deixaría unha imaxe negativa, quizais xa non para o público, senón para si mesmo. Pola súa parte, a hagiografía somentes amosa a luminosidade do santo, aínda que este sexa laico. Pero cal é o rostro sombrío do persoaxe, pois is...

Suso de Toro e Tic-Tac

Tempus fugit ou interruptus? Por Antonio Pardines Como lector na procura de camiñar diferentes lecturas, sempre agradezo o esforzo de escritores como Suso de Toro, que dende o primeiro momento quiso ter unha voz propia e buscar unha narrativa de seu. Acadou ambas, diso non me cabe dúbida. Tic-Tac e unha proba irrefutable, ademáis de ser unha novela distinta, ao que adoitábase escribir en lingua galega (e noutras peninsulares), que leva ao extremo o estilo narrativo e os temas xa expostos polo autor compostelán en Polaroid . E resulta un acerto narrativo, porque a súa escritura da pe a ruptura constructiva que abre novas vías para falar de nos, as persoas, non de estereotipos, en diferentes tempos da vida e da memoria, pero máis impórtate, se cadra, é que depara unha lectura da actualidade que atrae e atrapa aos lectores nun mundo feito de pezas que dan un todo que xira arredor de Nano, o pensador e artífice das reflexións que comparte para facernos partícipes da súa realidade. Esa rea...

Suso de Toro e Polaroid

  Instantáneas borrosas Por Antonio Pardines O primeiro libro que lin de Suso de Toro non foi unha elección, senón unha imposición durante o meu primeiro curso no instituto —o mesmo centro compostelano onde el daría clase nunha época posterior a miña de estudante, máis de tute que de tomar notas, pero esa é outra historia—. Tal vez, por iso, no lle prestei atención e non volvese ler nada do autor de Polaroid  ata que, pasadas máis de tres décadas, abrín Trece Badaladas , a raíz da miña decisión de escribir sobre Santiago no cine, na lenda, na historia, na literatura e na miña memoria, dándolle a forma dun camiñar literario, fantasioso, persoal e histórico en tempo presente ou ausente que titulei Rincones sin esquinas . Aquel primeiro libro o tiña esquecido nunha das estanterías cheas doutros que chegaron antes (os menos) e despóis (os máis). Ao descubrilo alí, sentinme tentado. Quen pode negar con probas na man que a tentación non é unha das grandes contradiccións e paixóns hu...

Suso de Toro, Parado na tormenta

Quietude sen parada Por Antonio Pardines En Parado na tormenta , Suso de Toro non se explica, senón que se expresa, xa sexa en forma de gustos literarios ou de ideas sobre a escritura, a literatura galega, o ser galego e escritor, incluso sobre si mesmo ou, mellor, quizais, sobre a personaxe de si mesmo, que é ao que tende quen escribe e, dende logo, el o fai. Ademáis, coido que ningún escritor precisa explicación, nin se pode explicar máis alá do evidente e do que un intérprete, pois sempre haberá algo que se lle escape a quen o busque, pois atopará unha ducia de imaxes ou de reflexos na súa obra que velan ou despistan; algo semellante ao que lle acontece a Charles Chaplin no Circo ( The Circus , 1927) ou a Orson Welles na Dama de Shanghai ( The Lady from Shanghai , 1947). Cal escoller? Son todos ou ningún? É imposible coñecer a totalidade da persoa, polo tanto, tampouco pódese abarcar a do artista, entendido este como quen crea un mundo de máscaras no que inclúe parte de si. Cal é ...