Como lector, na procura de camiñar diferentes lecturas, sempre agradezo o esforzo de escritores como Suso de Toro, que dende o primeiro momento quiso ter unha voz propia e buscar unha narrativa de seu. Acadou ambas, diso non me cabe dúbida. Tic-Tac e unha proba irrefutable, ademáis de ser unha novela distinta, ao que adoitábase escribir en lingua galega (e noutras peninsulares), que leva ao extremo o estilo narrativo xa exposto polo autor compostelán en Polaroid. E resulta un acerto narrativo, porque a súa escritura da pe a ruptura constructiva que abre novas vías para falar de nos, as persoas, non de estereotipos, en diferentes tempos da vida e da memoria, pero máis impórtate, se cadra, é que depara unha lectura que atrae e atrapa aos lectores nun mundo feito de pezas que dan un todo que xira arredor de Nano, o pensador e artífice das reflexións que comparte para facernos partícipes da súa realidade. Esa realidade mestúrase coa cotidianidade cambiante, en fuga, sen decatarnos da súa velocidade de escape, a que nos empurra cara diante mentres nos empeñamos en mirar cara atrás —ou como Ulises, sexa de Homero ou de Joyce, intentar regresar a un punto xa inexistente—, e a fantasía, tamén co humor, a tenrura e a dor. O escritor nunca escapa, enfróntase ao lado tráxico da vida, asume con acerto a presenza da morte e o paso do tempo, o devir que, inevitablemente, antes ou despóis mata os nenos e nenas que fumos, para facer de nos “adúlteros”, o mesmo devir que botaranos fora da existencia para ir a parar a nada. Positivamente,…
No hay comentarios:
Publicar un comentario