Ir al contenido principal

Otero Pedrayo, Arredor de sí


Rosalía é a figura central do Rexurdimento decimonónico, a que hónrase merecidamente por ser quen, con Cantares galegos (e posteriormente coa máis complexa, intima e lograda Follas novas), encabeza o rexurdir das letras galegas, mais só escribe en galego poesía. A prosa a redacta en castelán porque non considera o galego unha lingua para ensaios e novela. Pero esta maxistral poetisa trabúcase niso; de demostralo encárganse Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, o autor máis prolifico en lingua galega, e outros escritores e intelectuais do grupo Nós no século XX. Por citar unha obra dos nombrados, dicir que Os dous de sempre (1934), O porco de pé (1927) e Arredor de sí (1930) son mostras dunha literatura frorecente na narrativa —na poesía xa acadara nas cantigas medievais e en Rosalía, Curros e Pondal un nivel que nada tiña que envexar a calquera outra lingua—, rica e viva que na década de 1920 intenta abrirse camiño no que adoitaba chamarse alta cultura e establecerse na escrita como algo máis que a alternativa ao castelán, idioma que se ben falado polas clases dominantes e polos políticos galegos que facían carreira en Madrid —dende Montero Ríos a Casares Quiroga—, non é o autóctono nin era o empregado no rural nin no medio mariñeiro que conservaron a súa lingua materna durante os Séculos Escuros, aqueles que foron froito da política centralista de Castela, a mesma política que herda a España de épocas posteriores; sen ir máis lonxe a da dictadura de Primo de Rivera e a da Segunda República, como confirma a decisión de non ser federalista —e o ninguneo ás propostas de estatutos propios, salvo a Cataluña, que liderada por Macià e a Esquerra exercía unha presión tal que só puido calmarse coa concesión por parte do goberno central dun réxime autonómico de seu—.

Entre Galicia, Madrid e outras capitales europeas, Otero Pedrayo sitúa a súa novela Arredor de sí, quizais a máis coñecida das súas, na que concede protagonismo a Adrián Solovio, un xoven intelectual en crise existencial, na encrucillada, tal como o propio galeguismo durante o tramo final do periodo alfonsino. A través da confrontación entre tradición e modernidade, entre Castela e Galicia, entre Adrián e a súa familia, Tomando da súa propia experiencia, Otero escribe unha novela de desorientación, búsqueda, aprendizaxe e tamén de defensa do idioma e da cultura galegas. Intercala capítulos nos que sitúa a acción en Castela (Segovia, Madrid, Burgos, Toledo), á outro lado dos Pirineos e nunha aldea galega non lonxe do Miño. O primeiro e o segundo espazo os percorre o mozo protagonista, trasunto do propio autor, pois non é difícil ver que trátase dunha ficción con moito de autobiografía, na que o interese céntrase na búsqueda de Adrián, a de si mesmo, a do seu lugar no mundo. Dicía Risco, respecto a esta novela, que <<Arredor de sí, máis que unha novela, é a autobiografía, non sóio dun home, senón dun agrupamento, case dunha xeración. É a autobiografía do cenáculo do autor, ao que eu pertencín tamén. Polo seu mesmo individualismo, polo seu por mín confesado egocentrismo, o noso agrupamento andivo todo o tempo dando voltas arredor de sí —e cada ún arredor de sí mesmo— sen atoparse endexamáis de todo.>> (1) Por que estudar filosofía?, e a pregunta que desata outras que buscan respostas mentras a súa idea primitiva dilúese. Esa idea é a de moitos galegos de suposta cultura que fuxen para Madrid, coa intención de cobrar prestixio e deixar atrás o complexo de inferioridade que a política secular de Castela respecto a Galicia fixo medrar na clase fidalga e burguesa…



(1) Vicente Risco: Leria. Editorial Galaxia, Vigo, 1961.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sucker Punch (2010)

Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Honor de cavalleria (2006)

Hay que ser quijotesco para pretender trasladar a la pantalla el clásico universal escrito por Miguel De Cervantes , pero, quizá, resulta más quijotesco tomar a sus dos personajes principales y realizar o filmar fragmentos de su monotonía, fragmentos que se unen y que, en su sucesión, establecen la conexión entre la naturaleza y el ser humano, fragmentos que captan vida, comedia y drama (así los interpreto), fragmentos en los que parece no suceder nada, y sin embargo sucede la no aventura, los tiempos muertos y, para quien conecte con ellos (supongo que seremos minoría), estos entretienen. Albert Serra  crea sus propios Quijote ( Lluís Carbó ) y Sancho ( Lluís Serrat ) y los ubica en un espacio abierto natural, rodeados de sonidos, de iluminación natural, golpeados por el viento o refrescando sus cuerpos en corrientes fluviales. Son dos personajes silenciosos, prácticamente los únicos que asoman en las imágenes en las que Sancho guarda silencio mientras escucha como el caba...

El sendero de la traición (1988)

Ismos prematrimoniales Por Antonio Pardines Una de las características del cine de Costa-Gavras es el adentrarse en espacios y en situaciones que desvelan el abuso ya sea de un Estado o de un grupo de poder. Y sus películas suelen funcionar como manifiestos cinematográficos que no temen señalar desmanes y crímenes, sobre todo aquellas en las que contó en el guion con la colaboración de Jorge Semprún y de Franco Solinas, dos escritores igual de comprometidos y con quienes trabajó durante su primera época. Ya considerado uno de los grandes del «cine político», gracias a Z (1969), La confesión ( L’aveu , 1970) y Estado de sitio ( État de siège , 1972), su popularidad se disparó tras el éxito de la espléndida crónica realizada sobre el golpe de estado de los militares chilenos en 1973 y la posterior represión en Desaparecido ( Missing , 1982), cuyo guion corrió a cargo de Donald E. Stewart, que adaptaba el libro homónimo de Thomas Hauser. Más adelante, cuando regresó al cine de habla i...