Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como cultura galega

Fragmentos de nada: ir de grolos

Fragmentos de nada:  Ir de grolos Por Antonio Pardines Fai anos, cando adolescente, tiñamos na miña cidade natal o costume de facer o París-Dakar, unha tolemia que non cruzaba o deserto, senón o Franco, empezando no local da rúa Bautizados, o que hoxe está decorado con menús xigantescos como reclamos para turistas, e acabando no Senegal que está fronte á oficina principal de Correos, agora, na súa parte exterior cara Fonseca, convertida en fogar de senfogares. Poida que algún deles lembre o percorrido, incluso que o fixera na súa mocidade. Eran tempos de promesas, de xuventude, de troulas, era un mundo condenado a desaparecer sen sabelo. Porque un mozo nunca pensa desaparecer. Quizais por iso eramos indestructibles de pouca monta nunha cruzada salvaxe polo Franco adiante. Aínda que no seu inicio prometía festa rachada, pois nós nunca o faciamos por competir, senón por botar unhas risas. Mais non todos alcanzaban a terra prometida, e a ledicia inicial deixaba paso a outra cousa. Moi...

Dentro e fóra

Dentro e fóra Por Antonio Pardines Na Autobiografía de Federico Sánchez e noutros dos seus libros, Jorge Semprún fala da situación fóra e dentro da España do franquismo nos anos 50 e 60. Coñecía as dúas realidades, pois pasaba a metade do tempo baixo a tapadeira «Federico». Baixo ese nome vivía na clandestinidade, nela procuraba preparar as células comunistas no interior do país. Pero non tardou en comprender as diferenzas dentro e fóra. Así chegou á conclusión que expoñería ao Comité Central do PCE e pola que o expulsarían do partido comunista. O certo é que comprendeu que existían dúas situacións excluintes ou, máis ben, unha realidade sobre o terreo e unha idea que facer pasar por real. Esta dábase en París, onde pernoctaban Santiago Carrillo e os seus fiéis seguidores, que ben libres estaban os santiños de contradicir ao seu líder. Alí, na Francia, a cúpula empeñábase na tese que diverxía da de Fernando Claudín e Federico/Jorge, que era testemuña da situación no interior. Existí...

Luis Seoane. Primeiros pasos

Luis Seoane. Primeiros pasos Por Antonio Pardines Quizais sexa máis coñecido pola súa obra plástica, pero Luis Seoane foi máis que un pintor e un ilustrador de sona. Tamén escribiu poesía, artigos e figuracións. Dirixiu a Casa de Galicia en Bos Aires, fundou revistas culturais, editou e reeditou unha morea de libros doutros autores para que a dura represión que asolaba a España non fixera calar á cultura galega, que durante os primeiros lustros do franquismo —poñamos de 1940 a 1960, aínda que Galaxia aparece no 1950— vivía no interior novos anos de escuridade que os exiliados como este artista humanista, galeguista e de compromiso e conciencia social, pretendían dalgún xeito iluminar. Mais, sobre todo, din que Seoane viviu na constante inquedanza, na procura de poñelo seu gra de area na mellora de Galicia e das súas xentes. Como? Dándolle voz e tamén imaxe. Xa de neno, cando chega da Arxentina, onde os seus pais emigraran, abre os ollos á contorna. Primeiro en Arca (O Pino), que se con...

Fragmentos de nada: A puta que a pariu

Fragmentos de nada: A puta que a pariu Por Antonio Pardines Dende que o ser humano tomou conciencia de estar vivo tamén se nos revelou a certeza de ter que morrer. A morte chegou ao mesmo tempo que a vida e con ela veu o medo que intentamos afastar coa invención da superstición e a ilusión do alén. E niso andamos dende entón, sempre temendo a puta da Parca e a súa danza macabra. Esa que se deita con todos: reis, papas, arribistas, estetas, idiotas, burócratas, labregos, porqueiros, mendigos…, e cóbranos canto temos, indistintamente de se queremos ou non pagar. A súa natureza é insaciable e a nosa, finita. Intentamos borrala do noso maxín ollando cara a outro lado, aspirando á inmortalidade que agardamos achegue a ciencia —sen pensar que a consecución de tal utopía acabaría coa especie humana— ou aferrados ás crenzas e ás promesas relixiosas. Mais nada do que fagamos servirá, pois aí seguirá ata o noso fin. E despois? Nunha entrevista concedida á revista Nosferatu , Rafael Azcona dicía ...

Fragmentos de nada: Retrato, pedra sobre óleo

Fragmentos de nada: Retrato, pedra sobre óleo   Por Antonio Pardines Lonxe no tempo quedaba o Mestre Mateo cando Francisco Asorey empezou a ser coñecido pola súa arte escultórica. Eran outros tempos, pero a localidade onde tiñan o seu obradoiro era a mesma. Tras pasar por Barcelona e Madrid, o de Cambados afincouse en Santiago, cando obtivo a praza de escultor anatómico na Facultade de Medicina, emprego que, xunto ao de docente no «Taller de labra e talla en pedra» na Escola de Arte Mestre Mateo —por entón, Escola de Arte e Oficios de Santiago—, mantería ata a súa morte (1961). Corría o ano 1918, e en Europa aínda soaban os canóns da Grande Guerra (1914-1918) que Monicelli retrataría catro décadas despois na súa espléndida sátira homónima, aquela na que dous galdrupeiros de tomo e lomo —inolvidables Gassman e Sordi— desvelan no seu transitar polo fango e a terra de ninguén a estupidez, a miseria, o sangue, a fame e o patetismo de toda contenda armada. Asorey viviu unha na súa terra...

Un personaxe con dúbidas

Un personaxe con dúbidas Por Antonio Pardines Quen vén sendo Suso de Toro? Daría un bo personaxe de ficción? É máis que posible, porque toda persoa carga a súa historia ao lombo e soamente cómpre un escritor con inquedanzas e capacidade de reconstruír, disposto a camiñar entre fantasmas, incluso no baleiro que terá que encher con ficción que ben podería achegarse a realidade. Necesítase alguén que asumiese todo iso para si e dese literatura ao conto, a un relato que, ás veces, non levará a ningures e outras nos achegue a algunha parte. Pero non vou facer del un heroe de papel nin un autor de ficción a quen busco coñecer para desvelar unha verdade máis ampla. Quédome co escritor na sombra, a que non coñezo, pero a quen imaxino traballando arreo e cheo de conflito artístico, emocional e humano. Nada coñezo dese home real. Só sei e só me corresponde dar a miña interpretación a súa obra literaria. Que eu saiba cruceime con el unha soa vez, cantidade insignificante se se pensa que vivimos n...

Fragmentos de nada: Dos corredores ás letras impresas

Fragmentos de nada: Dos corredores ás letras impresas Por Antonio Pardines Tiña boa sona entre o alumnado do Rosalía, que sempre dicían marabillas del e que con el, o galego era un choio. Camiñaba polos corredores do instituto cun sorriso e cunha afabilidade contaxiosa que parecía fora de tempo, pois non cadraba naqueles andadeiros centenarios do centro escolar onde, nos cambios de clase, saíamos a parolar, a fumar, a tontear e a bromear. Non o tiven como profesor de Lingua Galega, que era a materia que lle correspondía. Así que, para quen isto escribe, o galego non foi un choio e nin sequera a el o podo valorar como docente. Pois, ao contrario que moitos dos meus amigos, non tiven a sorte de vivir as clases de Pepe Chao, un home que sospeito sabía perfectamente que un idioma é moito máis ca unha nota ou ca un exame. A min déronme clase outros docentes. Non conectei con eles, pero iso é un conto aparte e, supoño, en moita parte culpa miña. Anos despois, investigando para un dos meus li...