Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como manuel rivas

Fragmentos de nada: ir de grolos

Fragmentos de nada:  Ir de grolos Por Antonio Pardines Fai anos, cando adolescente, tiñamos na miña cidade natal o costume de facer o París-Dakar, unha tolemia que non cruzaba o deserto, senón o Franco, empezando no local da rúa Bautizados, o que hoxe está decorado con menús xigantescos como reclamos para turistas, e acabando no Senegal que está fronte á oficina principal de Correos, agora, na súa parte exterior cara Fonseca, convertida en fogar de senfogares. Poida que algún deles lembre o percorrido, incluso que o fixera na súa mocidade. Eran tempos de promesas, de xuventude, de troulas, era un mundo condenado a desaparecer sen sabelo. Porque un mozo nunca pensa desaparecer. Quizais por iso eramos indestructibles de pouca monta nunha cruzada salvaxe polo Franco adiante. Aínda que no seu inicio prometía festa rachada, pois nós nunca o faciamos por competir, senón por botar unhas risas. Mais non todos alcanzaban a terra prometida, e a ledicia inicial deixaba paso a outra cousa. Moi...

A dixestión unidimensional: ¿o fin das almas e mundos en papel?

A dixestión unidimensional: ¿o fin das almas e mundos en papel? Por Antonio Pardines Sen tomalo por un non lector do texto, quen podería afirmar que Herbert Marcuse é melancólico no seu Home unidimensional por sinalar un perigo presente que non existía no pasado, ou ameazaba doutro xeito menos evidente, veloz e masivo? Ninguén que o lese. Tampouco aquí, o que segue é froito da melancolía, pois o texto non anora o pretérito, senón que sinala unha situación actual que, máis cedo que tarde, pasará a ser anterior e a formar parte da memoria duns e do baleiro doutros. E de memoria vai O último día de Terranova , unha novela que se inicia en 2014 e que percorre varios intres do século XX, dende 1935 ata ese presente no que Vicenzo Fontana, o narrador, lembra para recoñecerse e retornar aos recunchos coñecidos e xa distintos da súa historia, unha historia que é máis ca persoal ou a familiar. A da Terranova é a microhistoria que abrangue a de dous países en sombras, a de xente ao lonxe e na p...