Luis Pimentel, unha voz elegante e sinxela Por Antonio Pardines Unha das obras máis salientables de Luis Pimentel (Luis Benigno Vázquez Fernández-Pimentel , 1895-1958) é Barco sin luces , un poemario que Dámaso Alonso (Dámaso Alonso y Fernández de las Redondas, 1898-1990) prologou moito tempo antes de que os versos do lucense fosen publicados en 1960 —xa morto o poeta galego—. Ante a posibilidade de que quedasen inéditos, o madrileño recolleu o seu texto no libro Poetas españoles contemporáneos (1952). É doado comprender. Gustouse tanto que tiña medo a ver perdido o seu prefacio para ás rimas admiradas. Ese agarimo polo seu texto e o temor a que ficase mudo nun caixón, convenceuno de que era mellor ir por libre. A composición de Pimentel, obra dunha «voz sinxela», tal como apuntou Alonso, tivo a súa primeira publicación en 1960 e que eu coñecín moito tempo despois, cando lin falar dela. Desta obra póstuma cabe pensar que é unha compañeira indispensable para Manuel Rivas, que fai dicir...