Ao volver a vista atrás, non descubro nostalxia, descubro que moitas cousas e momentos perdéronse polo camiño, que outras chegaron, pero non as sustitúen, sinxelamente son e, polo feito de ser, tamén perderanse. A memoria permite esquecelas e lembralas, facer e refacer imaxes máis fermosas ou doentes, evocalas en soidade ou en compañía, pero o ausente nunca volverá. Cantan cos tempos cambian, e nós con eles, aínda que a canción remite a un concepto concreto, aos cambios físicos, políticos, sociais e humanos que prodúcense o noso arredor e que afectan de distinto xeito a nosa cotidianidade, costumes, impresións e relacións, a nosas vidas. Algúns van borrando parte daquilo que chamamos raíces, outros son tan sutís que apenas chaman a atención mentras prodúcense, e os hai tan evidentes que chegan a ser brutáns e ferintes, aínda que, máis que nada, o son por indesexados, porque implican o remate dalgo amado ou dalgo...