Tarkovskís e Bressóns Por Antonio Pardines Galardonada en varios festivales, entre eles Cans (Pontevedra) —a primeira película de non ficción en gañar na festa cinematográfica celebrada cada ano no municipio do Porriño—, Ser e voltar (2014) é unha curtametraxe meta cinematográfica de Xacio Baño que a un galego calquera como min podería soar forzada. O seu afán de enxebrismo ou o seu camiñar polo bosque de eucalipto, a árbore máis odiada de Galicia, soan igual de ríxidos ca a avoa vestida coa típica bata que as nosas nais lucían nas cociñas das aldeas e das vilas, antes de que o mundo dese o que ata o de agora é o seu último arreón. Pero o certo é que me parece un filme que pode pasar por caseiro, dito doutro xeito: feito pola man dun mozo que ten unha cámara e unha ilusión, amén duns protagonistas cúmplices: os avós que se prestan a dicir ou calar, incluso a morrer na fantasía do cinema. Pero, ante todo, Ser e voltar é a idea feita audiovosual de defender a súa elección profesional —...