Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como miguel-anxo murado

Intres no silencio e no ruído de guerra

Intres no silencio e no ruído de guerra Por Antonio Pardines Un dos mellores libros de ficción sobre a guerra civil española é A sangre y fuego , (1) que Manuel Chaves Nogales escribiu en 1937. Nel o xornalista sevillano recolle varios relatos que permiten ampliar o marco do momento sen buscar compracer a ninguén, só comprometerse coa realidade que sente e da que é testemuña directa ou indirecta. Así fai un fresco brutal que achega ao lector o sinsentido. Algo similar sentín ao ler Ruído. Relatos de guerra , (2) unha obra composta por trece instantes bélicos da guerra dos Balcáns, en concreto da liorta en Croacia no ano 1991 onde o autor cubría a desfeita bélica como reporteiro independente. Publicado en galego en 1995 —e posteriormente traducido ao castelán e a outros idiomas—, o libro de Miguel-Anxo Murado séntese honesto porque non se apoia no cliché nin pretende impoñer unha única perspectiva, pois, como Chaves Nogales, fuxe de heroes e viláns, nin pretende alardear de que estivo a...