Ir al contenido principal

Fragmentos de nada: A puta que a pariu


Fragmentos de nada: A puta que a pariu


Por Antonio Pardines



Dende que o ser humano tomou conciencia de estar vivo tamén se nos revelou a certeza de ter que morrer. A morte chegou ao mesmo tempo que a vida e con ela veu o medo que intentamos afastar coa invención da superstición e a ilusión do alén. E niso andamos dende entón, sempre temendo a puta da parca e a súa danza macabra. Esa que se deita con todos: reis, papas, arribistas, esteticistas, idiotas, burócratas, labregos, porqueiros, mendigos…, e cóbranos canto temos, indistintamente de se queremos ou non pagar. A súa natureza é insaciable e a nosa, finita. Intentamos borrala do noso maxín ollando cara a outro lado, aspirando á inmortalidade que agardamos achegue a ciencia —sen pensar que a consecución de tal utopía acabaría coa especie humana— ou aferrados ás crenzas e ás promesas relixiosas. Mais nada do que fagamos servirá, pois aí seguirá ata o noso fin. E despois?


Nunha entrevista concedida á revista Nosferatu, Rafael Azcona dicía que a súa morte non era problema seu, sería cousa doutros. E, en certa medida, o guionista rioxano non andaba errado, xa que a propia natureza da morte incapacita o falecido para sentir a morte —outra historia é a agonía—. Un ser vivo só pode experimentar, sendo testemuña, a morte dos outros. A súa estalle velada e nunca saberá dela.


Algúns ollamos a morte para darlle unha explicación, porque a lóxica que podamos darlle, aínda que sexa de cada quen e exclusiva para cada quen, afasta o medo, o terror que acarrexa a idea que facemos do descoñecido, mesmo da nada, que é a ausencia xa non de todo, senón de algo. Toda morte ten a súa cara biolóxica, que non presenta dúbidas, a social, que crea a ausencia para os vivos, e a persoal, da que non sei nin saberei. Só teño acceso ao seu reflexo, o que me chega das ausencias que anteceden á miña.


Nada sabemos dela, nin sequera quen a pariu ou se ela mesma foi a súa propia parturienta. Na súa Paseata arredor da morte (1) —obra que comezou a escribir anos antes da súa publicación en 1999—, Domingo García-Sabell anuncia ao inicio do ensaio que trata de arrodear a morte, «pois a morte é impenetrable. Está en nós e máis alá de nós. Posuímos en certo sentido a morte, pero ela posúenos a nós dun xeito absoluto». E non lle falta razón a este médico e humanista compostelán que foi presidente da Real Academia Galega e agora, del, só nos quedan as ideas que podamos facernos a partir da súa obra e das impresións que deixou nos que o trataron. Atina ao expresar que está en nós, xa que, dalgún xeito, nace con nós: a vida tráea consigo, é á que lle damos o rol de vilá do conto, é a nosa maior certeza xenética. Non hai trampa nin accidente, hai principio e fin de cada camiño. O que acontece durante o percorrido, no que os absolutos non teñen cabida e os erros son tan comúns como os atinos, é o tema que podemos tratar, acertar e fallar, pois o noso andar non deixa de ser unha aprendizaxe na que correxir o xa feito non nos é dado, tal como afirma Milan Kundera en A Insoportable levedade do ser. Entón, unha pregunta sería: para que camiñamos? E a resposta válida corresponde a cada quen.


Notas:


(1) Domingo García-Sabell: Paseata arredor da morte. Editorial Galaxia, Vigo, 1999 (edición Biblioteca 120 Galega, La Voz de Galicia, A Coruña, 2002)


Imaxe de cabeceira: fotografía do busto de García-Sabell, no parque da rúa compostelana que leva o seu nome. Tomada o 30 de agosto de 2026.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sucker Punch (2010)

Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Honor de cavalleria (2006)

Hay que ser quijotesco para pretender trasladar a la pantalla el clásico universal escrito por Miguel De Cervantes , pero, quizá, resulta más quijotesco tomar a sus dos personajes principales y realizar o filmar fragmentos de su monotonía, fragmentos que se unen y que, en su sucesión, establecen la conexión entre la naturaleza y el ser humano, fragmentos que captan vida, comedia y drama (así los interpreto), fragmentos en los que parece no suceder nada, y sin embargo sucede la no aventura, los tiempos muertos y, para quien conecte con ellos (supongo que seremos minoría), estos entretienen. Albert Serra  crea sus propios Quijote ( Lluís Carbó ) y Sancho ( Lluís Serrat ) y los ubica en un espacio abierto natural, rodeados de sonidos, de iluminación natural, golpeados por el viento o refrescando sus cuerpos en corrientes fluviales. Son dos personajes silenciosos, prácticamente los únicos que asoman en las imágenes en las que Sancho guarda silencio mientras escucha como el caba...

El sendero de la traición (1988)

Ismos prematrimoniales Por Antonio Pardines Una de las características del cine de Costa-Gavras es el adentrarse en espacios y en situaciones que desvelan el abuso ya sea de un Estado o de un grupo de poder. Y sus películas suelen funcionar como manifiestos cinematográficos que no temen señalar desmanes y crímenes, sobre todo aquellas en las que contó en el guion con la colaboración de Jorge Semprún y de Franco Solinas, dos escritores igual de comprometidos y con quienes trabajó durante su primera época. Ya considerado uno de los grandes del «cine político», gracias a Z (1969), La confesión ( L’aveu , 1970) y Estado de sitio ( État de siège , 1972), su popularidad se disparó tras el éxito de la espléndida crónica realizada sobre el golpe de estado de los militares chilenos en 1973 y la posterior represión en Desaparecido ( Missing , 1982), cuyo guion corrió a cargo de Donald E. Stewart, que adaptaba el libro homónimo de Thomas Hauser. Más adelante, cuando regresó al cine de habla i...