Ir al contenido principal

Fragmentos de nada: ecos da incomprensión lectora



Fragmentos de nada: ecos da incomprensión lectora


Por Antonio Pardines



Que lembre, poucas veces vin ou lin opinións e traballos que me fixeran pensar que a xente tivese capacidade para analizar textos complexos máis aló dunhas liñas e, aínda así, tampouco daban atopado a idea central. Estou a pensar na EXB, mitificada pola nostalxia, que cursei de 1980 a 1988. E o conto non cambiou no instituto nin na universidade, onde nos mandaron analizar unha película e poucos, case ninguén, fixo unha crítica máis ou menos aceptable, agás quen copiou unha da revista Imaxes de Actualidade que o profesor deu por boa e feita polo alumno. Que quero dicir con isto? Que o docente, duns cincuenta anos, tampouco tiña nin idea do que falaba? Tíñalle cara de Fotogramas? Non era capaz de distinguir entre o texto profesional e o dun mozo? Pretendo quitarlle ferro ás estatísticas? Non, pois non considero que os seres humanos estemos delimitados por elas, senón pola nosa falla de curiosidade e inquedanzas.


Só con mirar a nosa historia ou o noso arredor podemos comprobar cantas persoas son capaces de empregar a súa intelixencia para entender un texto de Nietzsche, Joyce ou Magris. Non lembro a ningún compañeiro da escola nin do instituto léndoos. De feito, teño a imaxe de como copiaban os resumos dalgún rara avis que ameazaban e como se acudía ao videoclube a alquilar O misterio da cripta embruxada, A colmea e outras adaptacións cinematográficas dos libros de lectura obrigatoria. A cantas persoas que lles pregunte por Adorno, Benjamin ou Fromm, diranme algo máis que elas adornan por Nadal, que tamén son os pequechos da familia ou que os asuntos pesqueiros do FROM non son cousa súa, senón do ministerio? O cal non quere dicir que non teñan miolos, só que os teñen para aquilo que lles interesa, para o traballo no que os especializaron e para a súa inmediatez persoal. Iso non conleva nin exixe de por si unha actividade intelectual a pleno rendemento. É certo que moi poucos son capaces de entender ou de interpretar con xenio propio un ensaio de Montaigne ou unhas liñas do Quixote —libro que todos coñecen, mais non todos len—. A repetición está en nós dende as primeiras palabras, cando o neno repite sons que non teñen unha imaxe clara na súa mente. Na xuventude e na idade adulta, isto non cambia demasiado: soamente cómpre escoitar como nenos, adolescentes, homes e mulleres repiten o que oen na televisión, na radio, nas redes ou nos podcast, unha cómoda ameaza para a procura dunha madurez crítica e cognitiva propia e a realidade lectora dos adultos que os consumen como quen come churros. Isto é eco, non unha actividade intelectual e emocional, aínda que a presumamos.


A xente prefire a pasividade e a guía de ídolos e libros de consumo, os cales apenas teñen que dicir e menos hai neles algo que interpretar; adoitan ser fachada ou aparenza. Esa ausencia de esixencia non é de agora: é de sempre ou de case sempre. E aí reside o problema, que non parece ter unha solución inmediata —e menos aínda unha sinalada polas estatísticas— e que cómpre resolver a cada individuo. Sen gañas e sen conciencia de querer mellorar, o cal exixe esforzo —ningunha mellora, salvo a choiva nas épocas de seca, cae do ceo—, da dureza e da recompensa da aprendizaxe —que no fondo non é o saber, senón o dubidar e o aumentar as posibilidades—, a humanidade seguirá como sempre: uns poucos saberán analizar, crear e camiñar por sendas inexploradas, e o resto estaremos a seguirlles os pasos…


Imaxe tomada en Ferrol, o 25 de outubro de 2025.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sucker Punch (2010)

Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Honor de cavalleria (2006)

Hay que ser quijotesco para pretender trasladar a la pantalla el clásico universal escrito por Miguel De Cervantes , pero, quizá, resulta más quijotesco tomar a sus dos personajes principales y realizar o filmar fragmentos de su monotonía, fragmentos que se unen y que, en su sucesión, establecen la conexión entre la naturaleza y el ser humano, fragmentos que captan vida, comedia y drama (así los interpreto), fragmentos en los que parece no suceder nada, y sin embargo sucede la no aventura, los tiempos muertos y, para quien conecte con ellos (supongo que seremos minoría), estos entretienen. Albert Serra  crea sus propios Quijote ( Lluís Carbó ) y Sancho ( Lluís Serrat ) y los ubica en un espacio abierto natural, rodeados de sonidos, de iluminación natural, golpeados por el viento o refrescando sus cuerpos en corrientes fluviales. Son dos personajes silenciosos, prácticamente los únicos que asoman en las imágenes en las que Sancho guarda silencio mientras escucha como el caba...

Posición avanzada (1965)

Como narrador cinematográfico, Pedro Lazaga era muy bueno; el mejor ejemplo bien podría ser Cuerda de presos (1955), su película preferida, pero un fracaso comercial que le decantó hacia un tipo de cine de consumo fácil. Otro cantar es si aprovechó o desaprovechó su talento en películas y temas que, en su mayoría, estaban destinados a todos los públicos, es decir, a no tener el menor encontronazo con la censura y a hacer buenas taquillas. No era una cuestión de ego ni de política, carecía de las pretensiones de renovar el cine español que podrían encontrarse en un tipo Portabella o Saura, o ideológicas a lo Bardem. Tampoco perseguía un humorismo combativo y berlanguiano ni la suya era la pronunciada personalidad cinematográfica de un Regueiro, por no insistir en que Buñuel solo hubo uno y ese grandísimo “uno” rodó casi toda su filmografía fuera de España. Menos aún pretendía pasar por “autor”. Pero autor ¿de qué?, en una cinematografía controlada por la censura y, como cualquier otra, ...