Habería que agradecer a Francisco Fernández del Riego a súa insistencia a Carlos Casares para que incluira no seu primeiro libro publicado o conto Monólogo, un dos doce relatos que se recollen en Vento ferido, no que o escritor nacido en Xinzo de Limia aporta o seu gran para a renovación da narrativa galega, dito doutro xeito influirá na obra de escritores posteriores. Nado en 1941, Casares publicou Vento ferido en 1967, cando aínda estaba estudando na Universidade de Santiago de Compostela… Nesta pequena e imprescindible obra narrativa, que foi outra das lecturas obrigatorias na miña infancia escolar, vexo hoxe nas súas páxinas dúas cousas que me chaman a atención e que de pequeno pasáronme por alto. Unha faime pensar no pasado e outra no tempo posterior a publicación (xa pretérito). A primeira é unha influenza recibida de contacontos como Castelao e Rafael Dieste, e a segunda é a co libro exercerá, por exemplo, nos primeiros relatos de Suso de Toro, alá polos anos oitenta, do século pasado, pois comparten unha escritura desinhibida e imaxinativa na que ambos se enfrontan sen medo a temas incómodos, tal que a violencia, a soidade, a vellez, a morte.., escritura na que quisen ver cousas comúns, sobre todo nese Monólogo que me trouxo a mente ecos de Polaroid e Tic-Tac. Claro que estas cousas poderían só ser froito da miña imaxinación e da miña ignorancia, mais non creo… Pero, ao dubidar, acudín ao día seguinte de releer Vento ferido ao libro de Anxo Tarrío Literatura galega. Aportacións a unha Historia critica, ao exemplar que me acompaña dende 1999, cando cursaba na universidade. Na lectura dun parágrafo, o catedrático compostelano confirmoume que non estaba errado, ao menos no referente a Castelao e Dieste, e amplíame a perspectiva apuntando que Casares <<se pon na liña dun López Ferreiro, un Castelao, un Dieste, un Ánxel Fole e, quizais máis que con ningún outro, en canto ó seu gusto por recoller artísticamente o mundo do neno urbano ou suburbial, co seu paisano Eduardo Blanco Amor.>> Pero tamén herda de escritores foráneos como Marcel Proust, James Joyce, William Faulkner ou Franz Kafka, nomes clave que, dun xeito ou doutro, influenciaron a literatura mundial e seguro que destes tamén bebeu o autor de Tic-Tac. Entón, dígome, tal vez aí atópase a coincidencia…
Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Comentarios
Publicar un comentario