Outro dos libros de Álvaro Cunqueiro que nos mandaron ler na escola foi Merlín e familia. Lembro que foi despóis de que nos “obrigaran” a gozar da lectura de Xente de aquí e acolá e de Os outros feirantes. E moito despóis de darnos a turra co Cabaliño de buxo, de Neira Vilas, de quen tamén nos mandaron ler Memorias dun neno labrego e nos insinuaron que Cartas a Lelo podería ser unha nova lectura. Lelo es ti, pensei decirlle o mestre, se pensas que vou ler as cartas dirixidas a outro. O conto e que por respecto nunca lin esas misivas, mais por entón preguntábame se o Cunqueiro ese e o tal Neira Vilas non serían uns enchufados da EXB ou do ministerio, pois pensaba na boa situación na que a lectura escolar os colocaba. Falando en prata, pensaba nos cartos que gañarían con tanto lector obrigado. Non fixen os cálculos, pero na nosa clase éramos corenta e un nenos e, a exemplar por barba, aínda que daquela só algún dos repetidores terían peluxe, daban un total de corenta e un exemplares; e se a este número o multiplicabamos por tres... Se tivese unha calculadora, desas que empregaban as azafatas do Un, Dos, Tres, podería pulsar tegras e obter a cifra exacta dos beneficios, unha vez restase os custos de edición e distribución ao prezo de venda. Mais ao non ter nin unha Casio, sorprendinme cun manda carallo, de esaxeración, e cun quen fora escritor escolar ou fillo dun ministro, de suspiro e aspiración. En Galicia había un milleiro de escolas. Fagan os cálculos só dun ano e verán como tamén as editoriais, os distribuidores e as librarías frotabanse as mans, que eran (e son) os que máis cobraban; quen menos, os autores, agás teñan de apelido en inglés Rei, Remando ou Folleto. Cando descubrín esta realidad, sería pola época na que nos obrigaban a lectura de Polaroid e Turbo, de Suso de Toro e de Miguel Suárez Abel respectivamente, signo de que os tempos estaban cambiando e tamén os nomes dos escritores, só quixen ser fillo de ministro ou de conselleiro. Magoa de que xa me adxudicasen pai anos atrás, nove meses antes de vir a dar aquí, e tampouco era caso de facerlle ascos ou de facer as maletas e presentarme na casa do conselleiro e exclamar: papá, papá! Pero o contó non era este, mais a miudo perdo o norte e debo recuperalo sen saber por onde anda. Agora estou niso, creo que xa podo seguir e dicir que tanto Memorias dun neno labrego como Merlín e familia foron dúas lecturas que entón no disfrutei tanto como hoxe, así que foron dúas inversións a longo prazo… Non era que aqueles mestres, dos que soamente reteño a idea das súas facianas, fosen sabios, senón que os autores eran moi bos, sobre todo o Cunqueiro, diantres, de quen fun prendándome a medida que o leía. En realidade, non me prendei da persoa, senón da súa obra, unha inspiración á que nunca aspirei, claro, e así imos…
Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Comentarios
Publicar un comentario