É ben coñecido o inxenio e a habilidade para o disfraz de Concepción Arenal, a quen, por muller, as leis e a sociedade mesma non deixaban acudir a universidade; mais ela foi a Central, aínda que facéndose pasar por el. Era unha especie de Victor ou Victoria do estudo, quería aprender e saber, e saíuse coa súa; que boa era a ferrolá para que lle dixeran o que podía ou non podía facer. Contan os piñeiros e os carballos nas noites de vento que dixo: Vaites! Virme a min con estas lerias, de que por ser muller no podo licenciarme. Ides bos, paiolos! Así que cortou o pelo, vestiu ropa de home, cambiou o seu sombreiro por un chapeu masculino, meteu as mans nos petos e puso voz de arrieiro. Mais ou menos así foi o conto, claro que puido ser doutro xeito e por voz de tenor. Pero o importante ven sendo o que resultou, non so para ela, senón para elas todas; aínda que naquel momento poucas o sabían. Por entón, Concepción tiña uns vinteún anos e logo de ser descuberta e de pasar unha proba puido asistir como oínte. Así, un pequeno paso da muller en singular, deparou un gran paso para as españolas en xeral; e de aí din que sacou o Armstrong aquel, o do foguete a lúa, a inspiración cando chegou ao fogar dos selenitas, ese que, según o periodo do mes, luce aí enriba de nos, novo, crecente, cheo ou menguante. A historia proseguiu o seu camiño e chegou a 1868 e detívose ao carón de Emilia Pardo Bazán. Alí, observou como a futura autora dos Pazos de Ulloa matriculábase na Central. Disque era a primeira en matricularse nunha universidade española, mais a escritora galega no acabou os seus estudos —o 26 de maio de 1916, pasou a historia española ao ser nomeada catedrática na Universidade Central; era a primeira catedrática universitaria de España—. O sendeiro estaba aberto, pero habería que agardar ata que, en 1878, María Elena Maseras Ribera o ensanchase un pouco máis ao rematar os seus estudos de Mediciña na Universidade de Barcelona, aínda que tería que esperar ata 1892 para aplaudir a súa licenciatura, que acadou coa nota de sobresaliente. Por mor das circunstancias as que sometían as mulleres, María Elena non puido exercer, mais o tempo corría a favor dun cambio que tamén chegou a Galicia. O devir histórico, tamén o temporal, continuaba viaxando, mais, por un intre, fixo alto en Santiago de Compostela, onde as malas e as boas linguas din que corría o ano 1896, outras, nin malas nin boas, afirman que foi dous anos antes do de Cuba, Puerto Rico e Filipinas, e tamén escoitei algunha berrar que catro antes da morte de Antonio Vivaldi, o das Estacións, cando Manuela Antonio Barreiro Pico chagaba de Ribadeo, despóis de cursar o bacharelato en Lugo, e matriculábase en estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, tras ser a primeira muller en Galicia en acabar o grado de bacharel. Dese modo convertíase na primeira muller en matricularse na secular institución compostelana e, catro anos despóis, na súa primeira licenciada, mais non sen antes fincar os cóbados e enfrentarse a grandes dificultades e discriminacións…
Na fotografía un tramo da etapa do Camiño Inglés Sigüeiro-Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario