O escritor rianxeiro apunta na introducción, <<a unidade emotiva consíguese no conto pola obsesión do que ten de sobrevivir>>. (2) Os relatos sitúan aos seus protagonistas fronte a morte, a propia ou a de outros, en todo caso, son careos que teñen perdido, mais o conto é a forma na que actúan, a súa psicoloxía, e a fantasía que os rodea, sexa por medo, por touzudez ou por un desexo imposible que, no caso da señora Resende, é o retorno do fillo… Pero tamén destaca a cercanía acadada por Dieste, que apela ao lector, as veces de xeito directo, ao involucrar aos lectores nos relatos mediante preguntas dos narradores (cando tamén son protagonista). De tal meneira rompe distancias, conscente do xuicio de quen lee as historias, para póñelo na súa situación e invitalo a seres cómplice, máis que á reflexión… No “limiar” da edición definitiva pode lerse que <<o conxunto forma un volume dotado de singular encanto e poesía, dúas virtudes que constitúen o cerne de toda a obra literaria do seu autor, pero dun xeito especial dos relatos breves, xénero no que o escritor de Rianxo foi un verdadeiro mestre.>> Tamén o foi en lingua castelán, a que empregou na meirande parte da súa obra escrita e a que, xa no seú exilio boarense trala guerra civil —seu republicanismo era ben coñecido, ao ser un dos encargados das Misións Padagóxicas levadas a cabo durante a República—, regalou entre outras creacións literarias Historias e invenciones de Félix Muriel, conxunto de contos publicados en Buenos Aires en 1946, e que non terían edición española ata 1974. Con todo, non atopa mellor forma de concluir este breve achegamento a Dieste que deixando que sexa o seu amigo Luis Seoane, que nesta edición ilustra o texto cos seus debuxos, quen poña o peche cunha das súas Figuracións: <<Dieste é unha das máis outas personalidades galegas. A súa influencia intelectual exerceuse en moitas figuras notábeles de Galicia e de fóra dela […] A literatura galega por dous dos seus libros fundamentales, “A fiestra valdeira” e “Arquivos do trasno”, débelle moito, como tamén o periodismo galego de uns anos e algunhas ramas do coñecemento a traveso dos seus ensaios encol de problemas estéticos, filosóficos, matemáticos, de filoloxía, etc.>> (3)
(1) Eduardo Blanco Amor: Entrevistas con E. Blanco Amor. Editorial Nigra, Vigo, 1994.
(2) Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno. Editorial Galaxia, Vigo, 1995.
(3) Luis Seoane: Figuracións. Editorial La Voz de Galicia, A Coruña, 1994.
Rafael Dieste e Luis Seoane (Fonte: Wikipedia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario