Ir al contenido principal

Bisbiseos a Galicia, ei



Bisbiseos a Galicia, ei 


Por Antonio Pardines



O primeiro Piñeiro do que tiven noticia debía vivir en Caldas, pois moitos dos meus compañeiros da escola dicían, cada inverno, que ían ir á localidade pontevedresa a mercar tenis a baixo custo. «E logo —preguntáballes eu—, non hai tendas aquí de sobra?» E eles respondía que non era un desconto, senón unha ganga por mor das inundacións. Dicían que o Piñeiro vendía os produtos xa secos, pero sen esquecer que antes estiveran mollados.


Do seguinte Piñeiro pouco podo falar, agás dicir que non me interesaba nin o que me podía dicir nin cantar, ademáis de que os medios nos que actuaba e esaxeraba non eran para min. Así que deixeino estar ao seu e eu dediqueime ao meu, que despois de máis de medio século aínda non teño moi claro que é.


Xa na madurez, descubrín un terceiro Piñeiro. Deste dicían que era un imprescindible do galeguismo durante o franquismo. E non o nego, nin son quen de sinalar e matizar a súa relevancia na política galega de entón, agás que nos anos do franquismo optou pola saudade como refuxio do galeguismo interior. Mais na literatura e na filosofía quizais poida determinar o que me proporcionou: ben pouco —aínda que moito máis que dos outros dous, dos que non saquei nada, nin sequera uns cordóns mollados—. Esa foi a sensación que tiven da lectura dunha das súas obras máis populares: Filosofía da saudade (publicouse como tal en 1971), que é un conxunto de cinco textos relacionados co que el di que é o sentimento da soidade.


Se Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é a figura universal e máis mediática do galeguismo, Ramón Piñeiro é a estampa ideolóxica no interior do país, un dos membros do grupo Galaxia, aínda que non estivese no consello fundador da editorial homónima. El foi o autor do ensaio que abriu a ambiciosa colección Grial (1) da editora que acabaría presidindo —o primeiro presidente foi Ramón Otero Pedrayo—. Pero esta serie sería prohibida polas autoridades franquistas, as mesmas que xa o encarceraran durante tres anos. Fora tempo de máis para que Piñeiro reflexionase e establecese un diálogo interior que lle permitiría abordar distintos pensamentos sen a intervención da censura externa que asolaba ao país e tentaba facelo no estranxeiro. Un caso ben coñecido da intervención de axentes franquistas clandestinos deuse anos despois, en París, cando intentaron calar a editorial Ruedo Ibérico de José Martínez.


O volume, tal como hoxe se coñece Filosofía da saudade, consta de cinco partes dedicadas a establecer a saudade como particularidade espiritual galaico-portuguesa, nun intento de acadar (dende ela) unha filosofía propia galega-portuguesa que el xa quere ver na lírica medieval. Tamén procura explicar onde se atopa na obra de Rosalía ou mesmamente darlle ao concepto un significado metafísico. Isto téntao na segunda parte, que na realidade temporal foi a primeira publicada, en 1951, baixo o título Presencia de Galicia. Pero, volvendo ao sentimento vertebrador da obra, se a Saudade, que é expresada pola lírica —así o di Piñeiro—, non pode precisarse, como imos construír un sistema filosófico? Como fixeran Platón na Antigüidade, Tomás de Aquino no Medievo ou Kant en épocas máis modernas? Inventando ao noso gusto, máis que reflexionando, dubidando e dialogando sen trampas? Pois si. Esa sería a idea que sospeito que Piñeiro cala no seu constante repetir as mesmas fórmulas ao longo do texto.


Na súa Historia da literatura galega, Francisco Fernández del Riego, outro astro da Galaxia, di que co seu ensaio Piñeiro «revelou xa para sempre unhas dotes de pensador orixinal que lle otorgaron esteso creto nos medios intelectuais». (2) Pero é que Piñeiro tampouco é que fose un gran escritor nin un gran filósofo, e non o digo por non ter rematado a carreira de Filosofía e Letras que comezou a estudar en Santiago, xa que a maioría dos grandes filósofos non o eran de título, senón de pensamento. Mais era o que había, e, de certa maneira, tratábase dun texto valente, pois, alén de filosofar na procura dunha metafísica da saudade, buscaba darlle á lingua galega un estatus culto e intelectual que a ditadura lle negaba.


Podería parecer curioso que un autor que permaneceu na terra e que se reunía a falar cos compañeiros nas cafeterías compostelanas falase de saudade, cando non viviu o exilio sufrido por Castelao, Rafael Dieste, Luis Seoane e tantos miles. Pero iso só é en aparencia, pois o exilio durante o franquismo tamén se deu no interior. E é que moitos tiveron que calar ou falar baixiño —nese interior foi Celso Emilio Ferreiro o primeiro que berrou un pouco máis na súa aguerrida Longa noite de pedra (1962), que se posiciona na liña de batalla social iniciada por Seoane en Fardel de eisilado (1952)—, buscando as verbas precisas para non molestar e, ao tempo, non esquecer. Esa saudade, a de lembrar Galicia, aínda que fose en bisbiseos, é a do Piñeiro que escribe sen atacar, mais bota de menos a liberdade dunha Galicia de seu, quizais por iso a figura central da última parte do libro, a que apareceu publicada por primeira vez en 1952, como parte dunha obra colectiva, sexa Rosalía. Con todo, o importante da obra non é a filosofía, nin sequera a saudade que o autor insiste en non confundir coa morriña. É a lingua galega, é o expresar en galego un ensaio, un pensamento elaborado que demostre en pleno franquismo que o noso idioma é tan bo como calquera outro para a escritura e transmisión de abstraccións. Piñeiro acada iso, outro conto sería se o que di é filosofía ou un traballo escolar.



Notas:


(1) Nas súas memorias, O río do tempo (Edicións do Castro, Sada, 1990) Fernández del Riego explica cal era a finalidade dos cadernos da colección Grial: «Tencionábase recoller en cada volume, estudios vivos sobre os nosos problemas, e o reflexo das manifestacións literarias, filosóficas, e socio-económicas».


(2) Francisco Fernández del Riego: Historia da literatura. Editorial Galaxia (Biblioteca da Cultura Galega, 1971), Vigo, 1995.


Imaxe de cabeceira: Ramón Piñeiro lendo o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (1967). Fonte: RAG Arquivo Castro-París.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sucker Punch (2010)

Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Honor de cavalleria (2006)

Hay que ser quijotesco para pretender trasladar a la pantalla el clásico universal escrito por Miguel De Cervantes , pero, quizá, resulta más quijotesco tomar a sus dos personajes principales y realizar o filmar fragmentos de su monotonía, fragmentos que se unen y que, en su sucesión, establecen la conexión entre la naturaleza y el ser humano, fragmentos que captan vida, comedia y drama (así los interpreto), fragmentos en los que parece no suceder nada, y sin embargo sucede la no aventura, los tiempos muertos y, para quien conecte con ellos (supongo que seremos minoría), estos entretienen. Albert Serra  crea sus propios Quijote ( Lluís Carbó ) y Sancho ( Lluís Serrat ) y los ubica en un espacio abierto natural, rodeados de sonidos, de iluminación natural, golpeados por el viento o refrescando sus cuerpos en corrientes fluviales. Son dos personajes silenciosos, prácticamente los únicos que asoman en las imágenes en las que Sancho guarda silencio mientras escucha como el caba...

El sendero de la traición (1988)

Ismos prematrimoniales Por Antonio Pardines Una de las características del cine de Costa-Gavras es el adentrarse en espacios y en situaciones que desvelan el abuso ya sea de un Estado o de un grupo de poder. Y sus películas suelen funcionar como manifiestos cinematográficos que no temen señalar desmanes y crímenes, sobre todo aquellas en las que contó en el guion con la colaboración de Jorge Semprún y de Franco Solinas, dos escritores igual de comprometidos y con quienes trabajó durante su primera época. Ya considerado uno de los grandes del «cine político», gracias a Z (1969), La confesión ( L’aveu , 1970) y Estado de sitio ( État de siège , 1972), su popularidad se disparó tras el éxito de la espléndida crónica realizada sobre el golpe de estado de los militares chilenos en 1973 y la posterior represión en Desaparecido ( Missing , 1982), cuyo guion corrió a cargo de Donald E. Stewart, que adaptaba el libro homónimo de Thomas Hauser. Más adelante, cuando regresó al cine de habla i...