Ir al contenido principal

Suso de Toro e Polaroid


 

 O primeiro libro que lin de Suso de Toro non foi unha elección, senón unha imposición durante o meu primeiro curso no instituto —o mesmo centro compostelano onde el daría clase nunha época posterior a miña de estudante, máis de tute que de tomar notas, pero esa é outra historia—. Tal vez, por iso, no lle prestei atención e non volvese ler nada do autor de Polaroid ata que, pasadas máis de tres décadas, abrín Trece Badaladas, a raíz da miña decisión de escribir sobre Santiago no cine, na lenda, na historia, na literatura e na miña memoria, dándolle a forma dun camiñar literario, fantasioso, persoal e histórico en tempo presente ou ausente que titulei Rincones sin esquinas. Aquel primeiro libro o tiña esquecido nunha das estanterías cheas doutros que chegaron antes (os menos) e despóis (os máis). Ao descubrilo alí, sentinme tentado. Quen pode negar con probas na man que a tentación non é unha das grandes contradiccións e paixóns humanas? E eu, que son contradictorio, paixonal a intres e humano todo o tempo, por natureza, herdanza e inclinación, non me resisto a realidade de atoparme entre o freo e o desenfreo, o pracer e a culpabilidade... Por entón, o meu libro favorito (daquela aínda cría na predilección, hoxe só no favoritismo que non practico nin practican conmigo) era El señor de las moscas, de William Goldwyn, e o meu escritor preferido en galego, Álvaro Cunqueiro, de quen só lera Os outros feriantes” e “Xente de aquí e acolá”, en exemplares que tamén conservo e que chegaron antes. Ao mindoniense tamén fixéronmo ler, pero foi na escola, sendo máis cativo e mellor disposto aos contos e as fantasías nas que descubría un sentido do humor moi atraente para o neno que era aos doce ou trece anos. As de Cunqueiro chagáronme dentro porque o tipo divertíame e invitávame a fantasear as miñas propias historias, pero xa no instituto os meus intereses pasaron a ser outros e o meu ritmo lector sufriu un descenso; non aconteceu así co consumo de películas e de saír de troula.


O certo e que, ata hai pouco, apenas lembraba nada do texto de Polaroid, agás a idea que entón corría polo instituto, a de que a obra era rara de narices ou desfasada, é dicir, que saíase do “normal” ou que molaba porque o seu escritor semellaba “un kamikaze que emprega un estilo no que chama merda a merda e non se anda con hostias”, ou algo polo estilo dicíase. Supoño que moitos compañeiros riron sen entender. Non lembro se eu tamén, é posible, pero o dubido. Non me sorprendeu o seu uso dunha linguaxe que non me era descoñecida, pois, durante aqueles anos, era un devoto á inclinación adolescente polos tacos e polos malos hábitos, que consistían en facer todo o que nos dera a gana, pensando que o universo era noso, cando noso só era aquel pequeno mundo cun día sería dos seguintes. Outro conto era que só uns poucos puxéramos en práctica con maior ou menor éxito ese “dera a gana”. Eu o intentaba sen esforzo, con éxito? Si, pero a custo dunha morea de suspensos. A min non ma daba o ler o que un docente me impusese sen contar conmigo. Iso non entraba dentro do meu “todo” e facía canto estaba na miña man para levar a contraria. O caso ven sendo que entón fun ben parvo, e gustábame selo, e non lle prestei a atención que calquera libro que nace do ventre do seu autor merece. Pero fai uns días abrín a súas páxinas, non tan amareladas como poidera aventurar os seus máis de trinta e cinco anos de estar conmigo, dende 1988, e díxenme nótase a súa boa pasta e díxenlle a ver que instantáneas e aspectos sombríos da vida cotiá desvélasme vello compañeiro… Abrín a primeira páxina e redescubrín unha breve demostración da súa cultura, gustos e influenzas, así como a súa capacidade para crear diálogos que impactan de tanto que remiten á realidade. Ao remate da lectura, díxenlle ao meu exemplar: que cabronazo, mantesche mellor ca min ou son eu que che leva a costas? Como cho conto, nin máis nin menos, teu contido segue de bo ver. A túa colección de instantáneas literarias teñen seu aquel, tal vez o reflexo dun tipo ben singular que xa apunta ao home que escribe Parado na tormenta. En ambos casos, é un escritor desprexuizado, con gañas de escribir e falar da vida, é a vida non deixa de ser a suma de instantes que nos fixeron (e desfixeron), nos fan (e desfan) e nos farán (e desfarán) ata o final de cada camiño. En Polaroid, este escritor aguerrido chega con gañas de chámala atención. É xoven, ten talento, medra no “tardofranquismo” e ten a rebeldía por bandeira e parece dicir que “vouno facer, voume rebelar, pois é mellor facelo que mandalo”. E por que non, se rebelarse non é do peor que podemos facer?

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sucker Punch (2010)

Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Honor de cavalleria (2006)

Hay que ser quijotesco para pretender trasladar a la pantalla el clásico universal escrito por Miguel De Cervantes , pero, quizá, resulta más quijotesco tomar a sus dos personajes principales y realizar o filmar fragmentos de su monotonía, fragmentos que se unen y que, en su sucesión, establecen la conexión entre la naturaleza y el ser humano, fragmentos que captan vida, comedia y drama (así los interpreto), fragmentos en los que parece no suceder nada, y sin embargo sucede la no aventura, los tiempos muertos y, para quien conecte con ellos (supongo que seremos minoría), estos entretienen. Albert Serra  crea sus propios Quijote ( Lluís Carbó ) y Sancho ( Lluís Serrat ) y los ubica en un espacio abierto natural, rodeados de sonidos, de iluminación natural, golpeados por el viento o refrescando sus cuerpos en corrientes fluviales. Son dos personajes silenciosos, prácticamente los únicos que asoman en las imágenes en las que Sancho guarda silencio mientras escucha como el caba...

Posición avanzada (1965)

Como narrador cinematográfico, Pedro Lazaga era muy bueno; el mejor ejemplo bien podría ser Cuerda de presos (1955), su película preferida, pero un fracaso comercial que le decantó hacia un tipo de cine de consumo fácil. Otro cantar es si aprovechó o desaprovechó su talento en películas y temas que, en su mayoría, estaban destinados a todos los públicos, es decir, a no tener el menor encontronazo con la censura y a hacer buenas taquillas. No era una cuestión de ego ni de política, carecía de las pretensiones de renovar el cine español que podrían encontrarse en un tipo Portabella o Saura, o ideológicas a lo Bardem. Tampoco perseguía un humorismo combativo y berlanguiano ni la suya era la pronunciada personalidad cinematográfica de un Regueiro, por no insistir en que Buñuel solo hubo uno y ese grandísimo “uno” rodó casi toda su filmografía fuera de España. Menos aún pretendía pasar por “autor”. Pero autor ¿de qué?, en una cinematografía controlada por la censura y, como cualquier otra, ...