A Literatura segundo Suso Por Antonio Pardines E mira que ponse un pouco pesadiño co conto de referirse todo o tempo ao lector e a lectora. Que si, que xa sabemos que a lectura é un diálogo entre quen le e o descoñecido que escribe as liñas para si, aínda que logo diga que o fai para descoñecidos. Pois imos ver, quen é o lindo que nega (non polo vicio ou a virtude de negar sen máis) que o primeiro lector da súa obra non é o propio escritor; e que este escribe (e escribirá ata o fin) teña ou non lectores, aínda que neste caso senta frustración e agudícese a sensación de soidade. Calquera escritor que latexe como tal baixo a súa pel, escribe pola necesidade de escribir, porque converteuse en adicción, porque sinte plenitude cando escribe, porque escribir é a súa eterna aspiración, o seu soño e o seu pesadelo, a súa maneira de atoparse e situarse, mais nunca disposto a ficar nun punto fixo, pois non acouga nin cando escribe (aínda que aí libérase cando as ideas cobran forma escrita), ou p...