Ir al contenido principal

Suso de Toro: Dentro da literatura


E mira que ponse un pouco pesadiño co conto de referirse todo o tempo ao lector e a lectora. Que si, que xa sabemos que a lectura é un diálogo entre quen le e o descoñecido que escribe as liñas para si, aínda que logo diga que o fai para descoñecidos. Pois imos ver, quen é o lindo que nega (non polo vicio ou a virtude de negar sen máis) que o primeiro lector da súa obra non é o propio escritor; e que este escribe (e escribirá ata o fin) teña ou non lectores, aínda que neste caso senta frustración e agudícese a sensación de soidade. Calquera escritor que latexe como tal baixo a súa pel, escribe pola necesidade de escribir, porque converteuse en adicción, porque sinte plenitude cando escribe, porque escribir é a súa eterna aspiración, o seu soño e o seu pesadelo, a súa maneira de atoparse e situarse, mais nunca disposto a ficar nun punto fixo, pois non acouga nin cando escribe (aínda que aí libérase cando as ideas cobran forma escrita), ou porque a escritura calma o seu tempo no mundo. Claro que logo está quen o fai profesión e vive dos contos. E ben que fai! Mais para iso, compre alcanzar ao público maioritario; claro que aí, nese punto do conto, precísase máis unha man que ábrache a porta a o mundo editorial —logo ter unha empresa forte detrás— que talento e risco dentro dun.

O tema do diálogo cae de caixón e, dende hai tempo, tamén pensó que no tópico. Pero non por tópico deixa de ser certo. Un o sente no corazón ou na mente (a elección do consumidor) cando establécese a conexión e dase renda solta á complicidade que incluso fará que acariñes as páxinas nalgún momento íntimo ou emocional,… mais para que insistir? Para romper esa complicidade? Para trampear ou gañar protagonismo no diálogo? Polo demáis, nada novo descúbreme este libro de Suso de Toro que titulou Dentro da Literatura. Di no Limiar que o escribiu asumindo por primeira vez a escritura por encargo. Con todo, chega unha ollada para recoñecer que é totalmente seu. O protagonismo non é para a literatura, senón para a voz del, pois é a súa experiencia o principio e fin do relato, de non ficción. Natural, cada escritor está atrapado dentro da súa literatura e nela protagoniza a súa propia aventura existencial; camiña na procura de construir un mundo literario de seu e pasan a vida dentro, escribindo e tamén lendo a outros autores. El xa ten un universo ben feito; son moitos anos e títulos os que o separan daqueles anos mozos nos que empezou a soñar a súa aventura dentro da literatura. Cantas cousas contounos e aínda nos conta; non hai un mes que sacou novo romance, Terra de sacrificio, que seguramente acaberei lendo un destes días. Séntame ben ler cousas súas de cando en cando. Non é un benestar de comodidade, nin o de estar pisando territorio coñecido, senón de ler alguen que quere contar algo e contalo como quere ou como sabe; que as veces ven sendo o mesmo...

Levo a vida buscando na literatura como lector e escritor. Xa non sei o que busco e menos aínda o que atoparei. Pero segué a depararme sorpresas; quizais non sempre sexa o libro en conxunto; en ocasións é unha páxina ou un parágrafo. Incluso pode ser un ton, un narrador, a sua voz que sento cercana, ou mesmo unha idea que non esta no texto, senón que nace no tempo entre o que me contan as liñas que estou a ler e o que interpreto delas. Entón, penso en alguén como Suso de Toro, que leva moitos máis anos na procura, ao pe do canon, lendo e escribindo, e non podo negar que caéme simpático e que gústame conversar con el. Pero, ollo, non falo de dialogar coa persoa —que nin coñezo nin creo preciso coñecer— refírome a parolar coa imaxe que me fago a partir das ideas e do ton que asoma nas páxinas deste ensaio (ou de calquera dos seus libros leídos ata ahora). Non dúbido que noutras mans, con menos engurras e lecturas distintas cas miñas, poida querer outra imaxe, e tamén querela deste libro que se adentra na literatura e arredores intentando explicar. Neste aspecto considero que é un bo libro para os mozos, pero a miña inocencia, respecto ás teorías ou ás opinións literarias, perdeuse fai tempo, en cada lectura que me separa de cando creei o meu propio canon literario. E como aconteceume con Parado na tormenta, lectura que estimo e que enganchoume dende a primeira folla, as ideas que asoman léseas antes (con outras formas e voces), e as que me convidaba a pensar, xa as pensase antes. É dicir, o diálogo que establezo co texto xa o tiven con anterioridade, aínda que con outros autores. Uns os lembro máis duros, outros máis complexos, algúns máis íntimos; e si, ten razón de Toro, son autores (a maioría) xa fai tempo mortos. Mais sempre sácase algo dun diálogo. Ese algo é dialogar, que en unha cousa ben boa, curiosa e gustosa. E dentro do diálogo co autor de Sete palabras había máis, que foi o que me fixo continuar a lectura ata que o autor “marcha porque ten que marchar”, e ese algo era a voz honesta e nada pedante coa que achega as súas ideas, os seus momentos, o escritor que leva dentro e saca en cada un dos seus romances. A difenza de tantos autores mortos ou vivos, non impón o que ten que dicir, nin o presume, o deixa aí escrito para nos, para que o recollamos e déamoslle a súa forma final en nosas mentes. E iso é enriquecedor, alomenos esperanzador…

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sucker Punch (2010)

Una alternativa de la realidad Por Antonio Pardines Una de las ideas expuestas por Zach Snyder en Sucker Punch (2010) nos dice que la libertad se genera y se alcanza en la mente, pero el realizador no profundiza en aquello que insinúa y se recrea en el artificio audiovisual que solapa la idea central del film. Condicionada por aquello que el pensamiento fantasea y modifica según los conocimientos adquiridos, la imaginación es la vía de acceso al estado idealizado por la protagonista, un estado para ella real y que plantea interrogantes como ¿qué es fantasía y qué es realidad? ¿Dónde empieza la una y termina la otra? ¿O quién las delimita? Para Baby Doll ( Emily Browning ) la realidad es el gris encierro que sufre antes y durante su estancia en el centro psiquiátrico que su mente transforma en el colorido físico y musical donde sumerge su mente para alcanzar la libertad. Tanto en el espacio opresivo donde vive su encierro como en aquel otro que ella transforma en fantasía prima el bar...

Honor de cavalleria (2006)

Hay que ser quijotesco para pretender trasladar a la pantalla el clásico universal escrito por Miguel De Cervantes , pero, quizá, resulta más quijotesco tomar a sus dos personajes principales y realizar o filmar fragmentos de su monotonía, fragmentos que se unen y que, en su sucesión, establecen la conexión entre la naturaleza y el ser humano, fragmentos que captan vida, comedia y drama (así los interpreto), fragmentos en los que parece no suceder nada, y sin embargo sucede la no aventura, los tiempos muertos y, para quien conecte con ellos (supongo que seremos minoría), estos entretienen. Albert Serra  crea sus propios Quijote ( Lluís Carbó ) y Sancho ( Lluís Serrat ) y los ubica en un espacio abierto natural, rodeados de sonidos, de iluminación natural, golpeados por el viento o refrescando sus cuerpos en corrientes fluviales. Son dos personajes silenciosos, prácticamente los únicos que asoman en las imágenes en las que Sancho guarda silencio mientras escucha como el caba...

Posición avanzada (1965)

Como narrador cinematográfico, Pedro Lazaga era muy bueno; el mejor ejemplo bien podría ser Cuerda de presos (1955), su película preferida, pero un fracaso comercial que le decantó hacia un tipo de cine de consumo fácil. Otro cantar es si aprovechó o desaprovechó su talento en películas y temas que, en su mayoría, estaban destinados a todos los públicos, es decir, a no tener el menor encontronazo con la censura y a hacer buenas taquillas. No era una cuestión de ego ni de política, carecía de las pretensiones de renovar el cine español que podrían encontrarse en un tipo Portabella o Saura, o ideológicas a lo Bardem. Tampoco perseguía un humorismo combativo y berlanguiano ni la suya era la pronunciada personalidad cinematográfica de un Regueiro, por no insistir en que Buñuel solo hubo uno y ese grandísimo “uno” rodó casi toda su filmografía fuera de España. Menos aún pretendía pasar por “autor”. Pero autor ¿de qué?, en una cinematografía controlada por la censura y, como cualquier otra, ...