lunes, 30 de enero de 2023

A contenda dos labradores de Caldelas


Dende que souben que o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga ían por en escena en Santiago de Compostela “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”, sentín curiosidade e ganas de vela. Onte, puiden gozar a posta en escena dirixida por Fran Núñez. Fíxeno por partida dobre. Non é que a vise dúas veces, senón que descubrín unha obra orixinal que falábame actual do hoxe, de varios “onte” e de posibles “mañás” humanos ao tempo que levaba a escena a “obriña” de Gabriel Feixóo de Araúxo. Por que representala, se pasaron máis de 350 anos dende entón? Por que a representaron fai xa medio século Manuel Lourenzo e José Estruch? Por que a escribiu Feixóo de Araúxo? E como adaptala ao mundo actual? Onte, obtiven as miñas respostas e, sobre todo, gocei dunha peza teatral que me entretivo de principio a fin…

“A contenda dos labregos de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño”, de Gabriel Feixóo de Araúxo (1)


<<A única mostra de literatura dramática que temos neste periodo data de finais do século XVII. Trátase dunha obriña en verso, artellada en nove escenas. Foi escrita en 1691 (2) por un tal Gabriel Feixóo de Araúxo e glosa as disputas que tiveron lugar entre os labregos dunha pequena comunidade galega e os seus veciños portugueses da outra banda do Miño, a causa da actividade pesqueira no mesmo. De aí o título da peza, composta en 423 versos: “Entremés famoso sobre da pesca do río Miño”. Como ocorreu con outros xéneros literarios, seguramente a existencia desta obriña autorizanos a pensar nunha certa actividade teatral, por rudimentaria que esta fose, en lingua galega, xa que sería imposible que se conservase xusto a única peza que se escribiu.>> (3)


A Idade Moderna en Galicia foi escura, pero esa escuridade non foi total. Proba diso, da existenza de algún raio de luz anterior ao Rexurdimento, é esta peza teatral que, tamén coñecida polo título “A contenda dos labregos de Caldelas”, considérase fundacional da dramaturxia galega. Na nosa época, o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga estrearon (4) esta versión na 44ª edición do Festival Internacional de Teatro de Almagro (2 e 3 de xulio de 2021), onde foi recibida con entusiasmo. Tamén en 2021, representouse no lugar dos feitos e, entre o 26 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2023, pódese ver no “Salón Teatro”, en Santiago de Compostela. Non sei que fará o público compostelán, pero eu non deixaría pasar a oportunidade de viaxar ao pasado e ao presente en compaña ou a soas e descubrir que aconteceu entre os veciños da localidade portuguesa de Lapela e da galega Caldelas, nas beiras do Miño.


(1) Dramaturxia de Javier Alonso de Castilla e dirección de Fran Núñez.


(2) Anxo Tarrio sinala 1691 como o ano da escritura do texto, pero é probable que sexa un erro. Outras fontes, por exemplo Fermín Bouza-Brey, que foi quen deu a coñecer a peza en 1953, sinala 1671 como a data da obra do tal Feixóo de Arauxo, de quen pouco máis sábese que ser o autor do “Entremés famoso sobre da pesca do río Miño”.


(3) Anxo Tarrio Varela: “Literatura Galega. Aportacións a unha historia crítica”. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1994.


(4) En 2023, cúmprensen cincuenta anos da súa primeira posta en escea, levada a cabo polo Teatro Circo.


 **************


Desde que supe que el Centro Dramático Galego y la Companhia de Teatro de Braga iban a poner en escena en Santiago de Compostela “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”, sentí curiosidad y ganas de verla. Ayer, pude disfrutar la puesta en escena dirigida por Fran Núñez. Lo hice por partida doble. No es que la viese dos veces, sino que descubrí una obra original que me hablaba actual del hoy, de varios “ayer” y de posibles “mañanas” humanos al tiempo que llevaba a escena la “orbita” de Gabriel Feixóo de Araúxo. ¿Por qué representarla, si pasaron más de 350 años desde entonces? ¿Por qué la representaron hace ya medio siglo Manuel Lourenzo y José Estruch? ¿Por qué la escribió Feixóo de Araúxo? ¿Y cómo adaptarla al mundo actual? Ayer, obtuve mis respuestas y, sobre todo, disfruté de una pieza teatral que me entretuvo de principio a fin…



“A contenda dos labregos de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño”, de Gabriel Feixóo de Araúxo (1)


<<La única muestra de literatura dramática que tenemos en este periodo data de finales del siglo XVII. Se trata de una obrita en verso, estructurada en nueve escenas. Fue escrita en 1691 (2) por un tal Gabriel Feixóo de Araúxo y glosa las disputas que tuvieron lugar entre los labriegos de una pequeña comunidad gallega y sus vecinos portugueses de la otra banda del Miño, a causa de la actividad pesquera en el mismo. De ahí el título de la pieza, compuesta en 423 versos: “Entremés famoso sobre da pesca do río Miño”. Como sucedió con otros géneros literarios, seguramente la existencia de esta obrita nos autoriza a pensar en una cierta actividad teatral, por rudimentaria que esta fuese, en lengua gallega, ya que sería imposible que se conservase justo la única pieza que se escribió.>> (3)


La Edad Moderna en Galicia fue oscura, pero esa oscuridad no fue total. Prueba de eso, de la existencia de algún rayo de luz anterior al Rexurdimento, es esta pieza teatral que, también conocida por el título “A contenda dos labregos de Caldelas”, se considera fundacional de la dramaturgia gallega. En nuestra época, el Centro Dramático Galego y la Companhia de Teatro de Braga estrenaron (4) esta versión en la 44ª edición del Festival Internacional de Teatro de Almagro (2 y 3 de julio de 2021), donde fue recibida con entusiasmo. También en 2021, se representó en el lugar de los hechos e, entre el 26 de enero y el 4 de febrero de 2023, se puede ver en el “Salón Teatro”, en Santiago de Compostela. No sé qué hará el público compostelano, pero yo no dejaría pasar la oportunidad de viajar al pasado y al presente en compañía o a solas y descubrir qué sucedió entre los vecinos de la localidad portuguesa de Lapela e de la gallega Caldelas, en las orillas del Miño.


(1) Dramaturgia de Javier Alonso de Castilla y dirección de Fran Núñez.


(2) Anxo Tarrio señala 1691 como el año de la escritura del texto, pero es probable que sea un error. Otras fuentes, por ejemplo Fermín Bouza-Brey, que fue quien dio a conocer la pieza en 1953, señalan 1671 como la fecha de la obra del tal Feixóo de Arauxo, de quien poco más se sabe que ser el autor del “Entremés famoso sobre da pesca do río Miño”.


(3) Anxo Tarrio Varela: “Literatura Galega. Aportacións a unha historia crítica”. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1994.


(4) En 2023, se cumplen cincuenta años de su primera puesta en escena, llevada a cabo por el Teatro Circo.

Esta semana (do 1 ao 5 de febreiro), no Salón Teatro, poderase ver o mércores e o domingo ás 18.00 horas; xoves, venres e sábado ás 20.00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario