lunes, 5 de agosto de 2024

Preto e lonxe, na mesma distancia

<<Estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas>>, sinala Castelao ao comenzo do IV capítulo do libro primeiro de Sempre en Galiza. (1) Pero a miña experiencia no país veciño dime que non é tan doado establecer na práctica cotiá a comunicación aludida polo rianxeiro na súa obra político-literaria. De Brasil, Angola, Mozambique ou Cabo Verde non podo falar, ao carecer de contacto directo, pero a medida que avanzo cara o sur de Portugal, percorrendo as distintas rexións, a fonética e a expresión oral varían e as distancias entre o galego e o portugués dispáranse. Un exemplo extremo o atopo no portugués que se fala en Tavira, limítrofe coa provincia de Huelva, cando me din que me entenden mellor se me comunico en castelán, e o que falan en Valença, tamén localidade fronteiriza, pero no norte, a trinta minutos en coche da pontevedresa Tuy. Evidentemente, o portugués da costa este do Algarve e o do Alto Minho non soan igual aos meus ouvidos, máis afeitos a este último, e a miña pronunciación non soa igual a oídos dos veciños dun lugar ou doutro. Pero volvendo a Castelao, das figuras galegas máis sobresaintes do século XX —e da historia de Galicia, xa non como artista, senón tamén como político—, non lle nego que o galego sexa pai do portugués; pero, como acontece entre país e fillos, vanse distanciando, mais non por iso rompen os lazos. Neste caso, o proceso de separación comenza nos tempos de Tereixa e Urraca, fillas de Alfonso VI e de distintas nais. Marca un antes e un despois, aínda que tal ruptura non se produce de súpeto, senón que trátase dun proceso longo, paralelo á reconquista.

No século XII, Tereixa e Urraca gobernan respectivamente os condados de Portucale e de Galicia, que perde a súa fugaz condición de reino cando Alfonso VI encarcela ao seu irmán García e reunifica o reino que seu pai, Fernando I, repartira entre García, Alfonso e Sancho, Galicia, León e Castela. Anos máis tarde, o propio Alfonso divide Galicia en dous partes que entrega a suas fillas, que xunto os seus maridos, os curmáns borgoñeses Henrique e Raimundo, as gobernan en colaboración ou enfrontados á nobreza laica e eclesiástica galega. Tereixa ten de descendencia a Afonso Henriquez e Urraca a Afonso Raimundez. O primeiro deles proclámase rei de Portugal no ano 1128. Entre outras causas, favorece a súa proclamación o distanzamento secular entre a Galicia bracarense e a lucense, a rivalidade pola primacía eclesiástica no noroeste entre os arcebispados bracarense e compostelán, e a <<incapacidade da nobreza galega para se constituir en reino propio desde os tempos iniciáis da reconquista>>. (2) O segundo é coroado en Santiago de Compostela no 1111, dous anos despois da súa proclamación de rei de Galicia. Todavía é un neno cando o arcebispo Xelmírez o consagra monarca na catedral compostelana. Trátade dun momento histórico para Galicia, que recupera o seu reino; aínda que será por pouco tempo. Xa de mozo, o ambicioso fillo de Urraca e Raimundo cambia a coroa galega pola leonesa-castelá. Din que esquécese dos seus padriños, o conde de Traba e Xelmírez, e que súa coroación na catedral de León faíse sen a presencia de aqueles. Proclámase emperador de tódalas Españas e nese intre, xa como Alfonso VII, iníciase o periodo de separación do galego-portugués, consecuencia da centralización política que culmina no século XV cos reís católicos, unha centralización que, debido as alianzas dos nobres galegos, que sempre parecen apoiar o bando perdedor —a Pedro de Borgoña fronte a Enrique de Trastamara ou a Juana la Beltraneja fronte Isabel—, afecta negativamente a Galicia e ao galego, que sobrevive como lingua popular. Pero ata entón, o idioma goza dunha magnífica saúde, como veñen a demostrar os Cancioneiros ou que Alfonso X decida reunir na súa corte aos mellores trovadores en galego-portugués.


A variante idiomática que fálase no norte de Portugal, dende Porto ata a fronteira, e o galego son gardianas da memoria da súa orixe común. Nunha película de Manoel de Oliveira, Viaxe ao principio do mundo (Viagem ao principio do mundo, 1997), protagonizada por Marcello Mastroianni, pódese escoitar na súa versión orixinal as similitudes idiomáticas entre o galego e o portugués que se fala na aldea fronteriza onde se ubica parte da película. Nese espazo xeográfico e humano dase un fenómeno interesante, o portugués que falan os habitantes do lugar apenas defire do galego. Son dous idiomas xemelgos que lucen moi distintos a medida que un deles avanza cara o sur. As súas diferenzas agudízanse cara Coimbra, onde o sacristán facía de mil diabluras. De Lisboa ao Algarve, nesa metade meridional, as diferenzas na fonética, na pronunciación, no acento, nas expresións, son claras; pero no norte as afinidades permanecen, fanse evidentes na comunión entre veciños dun e outro lado da fronteira. Isto tamén acontece en España cos casteláns parlantes, no norte e o sur, no este e no oeste. Con todo, non deixa de ser unha circunstancia totalmente lóxica, froito das distintas particularidades e das etapas politicas e as influenzas lingüísticas anteriores e posteriores a romanización; mismamente o devir da historia e como esta afecta á vulgarización do latín e as súas derivas idiomáticas ibéricas, entre as que nacen e destacan o galego-portugués, o catalán e o castelán.

(1) Alfonso Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza. La Voz de Galicia/Editorial Galaxia, A Coruña, 2001. 

(2) Ramón Villares Paz: A historia. Editorial Galaxia, Vigo, 1995.

No hay comentarios:

Publicar un comentario